Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 1 de xullo de 2014

NIADA

El sustantivo niada ('camada de crías') úsase nel refrán

       En toda niada hai un pito coxo

referida a unha persona que destaca dentro da súa familia ou del sou grupo polos seus defectos, el sou mal carácter ou os sous costumbres pouco recomendables.

[Asómeñase ás espresióis casteyanas 'ser el garbanzo negro' ou 'la oveja negra de la familia'].





SAÍN

A espresión

          pingar saín

ten sentido figurao y s'utiliza pra referirse ás personas que tan chorando ou queixándose continuamente.

Ex.: A nía, ben tas sempre pingando saín...! A ver cóndo nos veis cuntando algo más alegre pa variar...  // Corre, corre, que nun nos piye Fulana, que ta todo el día pingando saín y hoi nun teño gana d'aturarye os choros.




DURMIR

El espresión

            ¡Durmas tu el sono de San Juan!

é unha maldición que s'utiliza condo a persona que fala estráñase de qu'alguén leve durmindo muito tempo. Ten unha variante máis larga que diz:

         ¡Durmas tu el sono de San Juan, que son venticuatro horas!


[NOTA: É usual qu'os nomes dos Santos s'utilicen en castellano. Eso sucede nesta espresión como  noutras muitas. Por outra parte,  a orixe desta especie de maldición ten que ver con unha crencia popular según a cual Dios, pra evitar as tronadas que son frecuentes na noite de San Xuan, durme al santo antes de que chegue ese momento durante muito horas pra que nun esperte hasta que s'acabou a festa. A tradición pinta al santo como amigo de festas y baruyo, y as tronadas serían el sou xeito d'armar xareu. El ditame recoyido en Tapia atribúyeye a San Juan un sono dun día enteiro; noutros lugares da Península el sono dura hasta tres días completos, como amostra, por exemplo, esta cántiga andaluza:

         Mi niño se va a dormir.
         ¡Ojalá fuera verdad
         y le durara el sueñito
         tres días como a San Juan! ].




FERVER



El espresión

               ferver como caldo de ladrón

úsase condo un líquido leva tempo fervendo y fai muitos globos ou burbuyas na superficie.

Ex.:  - ¿Por qué ye baxache el lume al caldo?
       - Porque taba fervendo como caldo de ladrón.



CASAR(SE)


  El verbo casar(se) aparece neste ditame:

Casáchete, cagáchete ou ¿Casáchete? Cagáchete.


que nun necesita muita glosa: Al casar, acábase a vida de folganza y diversión y empezan os problemas y as lamentaicióis cuas que ún nun contaba. El dito ven dicir que nun hai que queixarse muito, que é sabido de todos que a vida de casao nun ten miga que ver cua de solteiro.


GLOBO



s. m. Esfera que se forma condo s'asopra por un tubo que contén augua con xabón.

   Ex.: El neno entretúvose toda a tarde fendo globos de xabón.