Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 3 de decembro de 2014

TIRIFILO






s.m.  Persona mui dalgada.

Ex.: ¡Que vai ser bon mozo, muyer, si é un tirifilo!


[Úsase tanto pra homes como pra muyeres y nun ten variación de xénero. Ex.: A fiya pequena é un tirifilo.

   Parece ser qu'el orixe d'esta palabra ta al outro lao del Atlántico, d'unde veu, supostamente, por algún indiano que volvéu ou polos marineiros. Tirifilo era el alcuño de Cipriano Moreno, un delincuente del lumpen limeño que lougo pasóu ás cancióis y á literatura. Ciro Alegría, por exemplo, recoye nel sou libro Duelo de caballeros a amarrega entre Emilio Willan (alias Carita)y Tirifilo, que terminóu cua morte deste. El episodio pasóu pronto a os valses criollos y ás marineras, y el alcuño se popularizóu. 

  El qu'é chocante é qu'a palabra s'usara namáis en Hispanoamérica y na nosa zona (nun topén referencias na península) y que, alomenos por etimoloxía popular, na nosa fala parece clara a relación entre a forma da palabra y el significao que se ye dá hoy. El tal Tirifilo era alto, pero non dalgao. Os defensores da orixe limeña dicen que quizáis a coincidencia das tres vocales zarradas "i" tuvera algo que ver nel significao de home dalgao y frouxo que se lle dá agora. ¿El alcuño nun sería porque era un home alto? Por outra parte, a pelea entre Carita y Tirifilo tuvo lugar en 1915 y prontó pasóu ás cancióis, como o vals "Sangre criolla", que tuvo muito éxito. ¿Usábase en Tapia a palabra antias d'esa época? É difícil sabelo. ¿Prendéu na nosa zona pola asomeñanza cua palabra 'filo'?
  En lunfardo tirifilo é sinónimo de petimetre, unha persona afectadamente elegante, y aparece en tangos dos anos 40.]


FOGAZA




     El sustantivo fogaza forma parte del ditame

                            "De cada fogaza abonda unha tayada",

que s'usa pr'aconseyar nun repetir algo de lo que xa se ten esperiencia y que nun salíu tan ben como s'esperaba.  Anque pode referirse a outro tipo de situacióis, úsase muito pra falar de casorios ou relacióis amorosas: el ditame aconseya nun cortexar a un mozo ou moza d'unha familia cua que xa s'emparentóu antias.

Ex.:  Este rapaz é primo del home da irmá grande. A ela gústaye muito, pero a madre nun ye deixa salir con él porque diz que de cada fogaza abonda úa tayada.