Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

PAYEIRO







El sustantivo payeiro (montón de paya de forma alargada) utilízase nel ditame


"El que sirve a señores morre detrás d'un payeiro"

que nun necesita muita esplicación: úsase pra espresar lo agarraos que ás veces poden ser os que máis tein.

HOMADA






s.f. Acción que pretende ser propia d'un home (pola forza ou valentía que s'amostra), peró qu'acaba resultando ridícula porque se trata d'unha situación mui favorable prá persona que la fai ou que supón pouco peligro.

Ex.:   ¡Vaya homada fixo féndoye frente al pequeno del grupo! // Vai chufando qu'axudóu a todos a salir da casa condo queimaba y resulta que xa taban alí muitísimos vecíos y él nun fexo cáseque nada. ¡Outra das súas homadas!