Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








sábado, 25 de setembro de 2021

ESPAXARELADO, -A

 


adx. 1. Que leva pouca roupa y nun ye tapa todo el corpo. (Utilízase en tono reprobatorio pra espresar qu'a vestimenta nun se considera púdica abondo). Ex.: Tábache medio espaxarelada. Podía vestir algo máis p'abrir a porta. ¿Y si nun fora eu? //

   -¿Nun irás así toda espaxarelada?

   - Ui, mamá, ¿pos qué ten de malo?

    - Pa ir a misa pon siquera unha camiseta que che tape el embiligo.


   2. Desenvolto, espabilado, qu'actúa con despexo. Ex.: Deixa a nena que lo faga sola, qu'é mui espaxarelada y nun necesita que la axude naide.

  

   3. De muitos colores [un paxelo, unha persona pol xeito d'ir vestida]. Ex.: ¡O Virgen! Sempre compra esas camisas espaxareladas que nun che me gustan miga. // Vas ben espaxarelada pra que se te vexa ben. [VARIANTE: apaxarelado-a]

   Nesta última acepción é similar a axabarado ou axabariado, que xa foi recoyida nos vocabularios de referencia. (Suárez Fernández recoye en Mántaras 'axabarado', mentres que Díaz López y García Galano recoyen 'axavariado', que escriben con "v"). Igual  qu'axabariado, percíbese en apaxarelado/espaxarelado un matiz de crítica, de que se considera qu'alguén vai vestido con pouco gusto, porque os colores son demasiados ou combinan mal entre sí.


    


Ningún comentario:

Publicar un comentario