Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








venres, 4 de setembro de 2020

LAGAMAR

 

     Suspendido por un terreno de juego encharcado el Valdelacalzada-Arroyo | Hoy


s. m. 1.  Masa d'augua salada estancada. 2. Fig. Chagoza; tarrén ou prao chen d'augua. 

 Ex.: Deixou un grifo aberto y condo entrén nel baño... Aquelo, mialma, parecía un lagamar. // Chovéu a doiro toda a mañá y ta el campo feito un lagamar.  // Hai que suspender el partido se nun ques que xuguemos nun lagamar. 



mércores, 24 de xuño de 2020

RELAXAR

10 beneficios y propiedades del Jengibre - INCREÍBLES!!


v. tr. Provocar [un alimento] indixestión ou dixestión pesada acompañada de refluxo gástrico.


NOTAS D'USO:
Úsase en oracióis transitivas unde el SUXETO é [el alimento] y el COMPLEMENTO é [el estómago].

  Ex: Nun me botes congro, que sempre me relaxa el estómago.

Tamén s'usa en construcióis medias, unde el SUXETO é [el estómago]:

   Ex.: Eu nun vou recuncar, nun vaya relaxárseme el estómago.

 

domingo, 22 de marzo de 2020

CHEIRAMETODO


Resultado de imagen de emoticono tapandose la nariz   


  Ser un cheirametodo é ser un reparón, un repunante, unha persona que a todo ye pon perós. 2.Tamén s'utiliza para referirse a unha persona estirada, que se ten por superior aos demáis; unha persona fachendosa qu'evita á xente ou as situacióis que considera non axeitadas para ela, por inferiores ou ruías, y que lo fai ver con xestos ou palabras.





  As dúas acepcióis aplícanse tanto a homes como a muyeres. Ex.:

   Esa é unha cheirametodo; nun quer que la vexan con nosoutras porque ye dá vergonza.

Tamén esiste a variante todomecheira, igualmente aplicada a homes y muyeres: un todomecheira / unha todomecheira. Esta variante é máis usada modernamente, mentres qu'el outra xa nun s'escuita tanto y é importante "salvala".



martes, 8 de outubro de 2019

FOCO

                     Resultado de imagen de dibujo comer mucho


El adxetivo foco, que significa 'profundo', tamén pode referirse a personas condo forma parte del espresión

                foco hasta as uñas

que quer dicir 'persona que come muito y parez que nunca ten fartura'. É asomeñao a comichón, golitrón ou fartón, peró sempre col matiz de que a persona parez que nunca dá matado a fame.

MATAR

        Resultado de imagen de dibujo tener mucha hambre


  Esiste unha espresión en Tapia que se diz despós de comer condo se tein muitas ganas:


                            Matén a quen me mataba.


Evidentemente, fai referencia á fame sin nomala, lo que supón un exemplo curioso de alusión y de xogo de palabras na fala popular.


domingo, 29 de setembro de 2019

XA TA

                                  Resultado de imagen de ternerita


En Tapia y a súa contornada úsase unha espresión burlúa pra contestar a quen diz: "Xa ta".


Pos se é xata, pral ano que vén é vaca.


Ex.:  - ¿Veis ou nun veis? Acaba eso, que teño que marchar.
         - Espera, ho, que xa ta.
         - Pos se é xata, pral ano que vén é vaca.







sábado, 21 de setembro de 2019

REGALAR

                                                         
Resultado de imagen de regalo interrogación

  Con regalar faise un xogo de palabras coas dúas acepcióis del verbo (doble sentido):

         1. Fer un regalo a daquén.
         2. Abrir muito os oyos.

A quen quere saber qué ye regalaron a alguén pola ocasión que seña (Reyes, aniversarios...) contéstaseye deste xeito:

         - ¿Qué che regalaron?
      -  Os oyos.

É outra contestación burlúa das muitas qu'esisten en galego-asturiano y que tamos recoyendo na Salvadeira.



PUXO

Resultado de imagen de persona soberbia


     

A palabra puxo, que significa 'esforzo del corpo pra espulsar algo', utilízase tamén nel espresión


              ter puxos  

que s'utiliza pra referirse a unha persona soberbia, mui orguyosa, que se cre superior aos demáis. É algo asomeñao al espresión casteyana "tener aires de grandeza".


Ex.:   - Como iba con esa xente, fixo que nun me conocía...
         -  Ai, é que sempre tuvo muitos puxos.


            


luns, 1 de xullo de 2019

ESCAÑA(D)O, -A


                          Resultado de imagen de dibujo cara don quijote

ax.:  fraque de cara; que ta tan dalgada [unha persona] que se ye notan muito todos os ósos da cara.

Ex.:  ¡Qué veyín ta! Apalpóulo ben a enfermedá... Encontrénlo escañado y de mal color.

mércores, 3 de abril de 2019

ESCALDAFARRAPOS

                                 Resultado de imagen de dibujo reprimenda


s.m. Reprimenda forte, sermón, bronca pa corrixir a conduta d'alguén.

Ex.:  ¡Vaya escaldafarrapos que ye botóu el padre! Peró se nun foi pa tanto...