Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 30 de agosto de 2017

BAFARIDO

Resultado de imagen de dibujo mal olor

s.m. Golpe repentino de mal olor.

  Ex.: Nun me penso achegar a él, que me bota sempre cada bafarido que m'afoga.

[Asoméñase á palabra bafarada, que tampouco recoyen os vocabularios. De feito, poden ser equivalentes, peró bafarada úsase tamén referíndose a un golpe d'aire calente (anque sigue tendo el matiz de "aire desagradable"), mentres que bafarido solo s'usa pra referirse a un cheiror inesperado y é similar a tafo.
   Díaz López y García Galano recoyen bafido y Suárez Fernández, bafo, con definicióis aparecidas. Os dous vocabularios recoyen tafarido, abondo máis frecuente.].

OS CAIS DE FRANCIA

Resultado de imagen de perro de Francia




        Esiste unha espresión mui chocante que sentín muitas veces pola nosa terra:

                     A [ese/esa] conócenlo[/a] hasta os cais de Francia,

querendo dicir, evidentemente, qu'esa persona é mui conocida. Peró hai ter en conta qu'el espresión ten un matiz despectivo. Ouguinla muitas veces, con connotacióis claramente machistas, referida a unha muyer pra dar a entender que tuvo muitas relacióis con homes diferentes.