A espresión
cousas d'a perrón
ta referida a ditos ou feitos propios dun cimprón ou persona sinsustancia. É equivalente a 'fatadas' ou 'cimpradas'. Utilízase normalmente acompañada del verbo ter.
Ex.: -Mira que perguntarye eso á profesora...
-¿Y qué ye ques? Sempre ten cousas d'a perrón.
Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.
Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com
¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!

mércores, 21 de setembro de 2016
COCHO DE MAL ANO
A espresión
ser un cocho de mal ano
aplícase a personas que tan mui dalgadas, anque comen abondo; querse dicir, a personas que nun engordan con facilidá.
Ex.: -Esta túa neta nun engordóu nada nel verao.
- Pos cómeche lamar; pero nun lo luce: é un cochín de mal ano.
MORCEGO

A espresión
ser un morcego,
aplicada a personas, significa: ter mui pouca vista, ser cegarato.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)