Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.
Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com
¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!

xoves, 17 de outubro de 2013
RISÓN
s. m. Instrumento formao por unha barra de ferro y varios brazos curvaos pra riba con un gancho na punta, que se bota al fondo del mar pr'asegurar as embarcacióis.
RECONSONAR
v. intr. Volver dormecer despós d'espertar.
Ex.: Espertóume mui cedo el ruido da caye, peró inda reconsonén un chinisco ouguindo a radio.
CUALQUERA, QUENQUERA
Os pronomes indefinidos cualquera y quenquera úsanse na espresión:
Cualquera con quenquera.
É unha espresión despectiva que s'usa condo se quer dar a entender que nun importa quén señan dúas ou máis personas das que se fala.
Ex.: - Pos quen son esos dous que van ei?
- Cualquera con quenquera...! Todo xentuaya.

SEMENTE
A palabra semente úsase tamén na espresión
nun quedar [de daqué] nin a semente
que significa que nun queda nada de nada, qu'algo desaparecéu totalmente.
Ex.: Toda aquela xente marchóu: unhos pra Oviedo, outros pa Madrid, muitos moriron sin fiyos... Das familias de sempre nun quedóu nin a semente.
martes, 15 de outubro de 2013
CEGAR
cegarse
v. intr. pron. Atazarse el basadoiro al xuntarse muita herba y reices na reya.
[Este uso da palabra cegarse ta rexistrado en Vilanova d'Ozcos, según información d'un dos nosos colaboradores.]
v. intr. pron. Atazarse el basadoiro al xuntarse muita herba y reices na reya.
[Este uso da palabra cegarse ta rexistrado en Vilanova d'Ozcos, según información d'un dos nosos colaboradores.]
domingo, 13 de outubro de 2013
CORTAR
El verbo cortar aparece nel ditame:
Corta lo que ve, deixa lo qu'encontra,
referido ás ferramentas cortantes (cuitelos, tixeiras, gadañas...) que nun cortan ben porque tan cegos ou emboutaos.
[Agradezo esta aportación a un mantarego, seguidor d'A Salvadeira, que xa m'apurríu unha chía d'informacióis interesantes.]

luns, 7 de outubro de 2013
EMPETAR
v. tr / intr. 1. Meter [os cuartos] nel peto. 2. Aforrar, economizar, xuntar el dieiro y nun gastalo.
Ex.: ¿Cómo nun iba deixar aos fiyos ricos? ¡Si tuvo toda a vida empetando!
ZON
s. m. Cantidá mui pequena d'unha cousa.
Ex.: - ¿Cónto unto ye botache al caldo?
- Boténye tanto como un zon.
[NOTA: Esta palabra, anque nun vén nos vocabularios máis novos, si ta recoyida en Acevedo Huelves y Fernández (1932)].
Ex.: - ¿Cónto unto ye botache al caldo?
- Boténye tanto como un zon.
[NOTA: Esta palabra, anque nun vén nos vocabularios máis novos, si ta recoyida en Acevedo Huelves y Fernández (1932)].
CEGO, -A
adx. Que nun corta [un cuitelo] porque ta emboutao.
[NOTA: Díaz López y García Galano recoyen el verbo cegarse col significao de perder el filo unha ferramenta de corte.]
[NOTA: Díaz López y García Galano recoyen el verbo cegarse col significao de perder el filo unha ferramenta de corte.]
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)