Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.
Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com
¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!

domingo, 27 de xaneiro de 2019
XUNTO
El espresión por todo xunto úsase, unida a verbos como "ter" ou "quedar", pra enfatizar lo pouco qu'hai dunha determinada cousa. É lo mesmo que dicir: 'namáis", 'contándolo todo', 'sin esqueicer nada', como s'aprecia nestos exemplos:
1. Ai, Dios, nun tía con qué fer a xanta: Tía dous ovos y un pedazo de pan por todo xunto.
2. ¡Come a Dios polos pés! De toda a merenda deixóu por todo xunto media conquía de leite.
3. Levaron todo. Na casa quedóu unha cama veya y un banquín por todo xunto.
MOZO

A palabra mozo aparece nel espresión humorística
"bon mozo, sin oreyas nin pescozo"
que s'usa pra burlarse de quen chufa a guapura dun mozo que ta mui lonxe de ser tan perfecto como lo queren pintar.
Ex.: -¡Pos vaya bon mozo que se botóu María!
-Sí, sí, bon mozo, sin oreyas nin pescozo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)