Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 9 de novembro de 2021

MONTE RONDO

 

   

Na fala popular el monte Rondo (pico na parte occidental del conceyo del Franco) utilízase como símbolo de sito apartao al qu'ir pra nun molestar á xente. Por eso  aparez en espresióis como 


         "ir a chorar / a pedir / a cantar / a berrar ... al Monte Rondo"


  El intención desta espresión é ferye saber a alguén que ta molestando y, pol tanto, é un xeito de pedirye que pare de fer lo que molesta (chorar, cantar...) ou que lo vaya fer lonxe.

   Exs.:  Á neno, vaite chorar al monte Rondo.

             Ei, rapaces, ¡a berrar al monte Rondo!

             ¡Ai ó!, tabas ben miyor cantando nel monte Rondo.

 

  Agradezo a José Luis Carnota a primeira información  que tuven  deste tipo de ditos, sobre os que despós investiguén un pouco máis en conversacióis con personas da contornada. Esplica José Luis, con mui bon criterio, qu'a claves del uso del topónimo con este significao son dúas: 1) obviamente, a de sito que ta lonxe, especialmente da costa, y 2) a de sito unde se pode obter abondo y de baldre, anque con esforzo. Parece ser que noutros tempos era corrente ir al Monte Rondo, qu'era comunal, pañar gancela pra estrar cuadras y corradas. A xente que nun tía montes en propiedá achegábase aló, primeiro andando pra cortalo y lougo en carro pra recoyelo. Iba xente dende Valdepares, Prendonés, Sueiro, A Ronda, A Rebollada... (esplica Carnota), lo que supón unha distancia considerable y, consecuentemente, un esforzo que provocaría a connotación de castigo que ta presente nesas espresióis (que son equivalentes a 'mandar á merda').


      As connotacióis d'abundancia y esforzo aparecen tamén nel ditame:


             Muito y abondo, nel monte Rondo.


que tamén s'utiliza con un valor irónico pra dicirye a alguén que nun se ye vai dar lo que pide, ou que naide dá duros a cuatro pesetas.


[NOTA: Anque nos mapas el topónimo aparece escrito "Monterrondo" todo xunto, pareceunos qu'a forma máis axeitada pra transcribir na nosa fala estos ditames é mantendo a independencia das dúas palabras, máis tendo en conta qu'os informantes pronunciaron claramente dous acentos d'intensidá, é dicir, dúas palabras tónicas. Na imaxe superior, indícase a ubicación del Monte Rondo, cuas súas coordenadas xeográficas.]


  


martes, 26 de outubro de 2021

ESPAXARELA(D)O, A

         



 adx.  De muitos colores [un paxelo, unha persona pol xeito d'ir vestida].

   Ex.: ¡O Virgen! Sempre compra esas camisas espaxareladas que nun che me gustan miga. // Vas ben espaxarelada pra que se te vexa ben. 


   É similar a axabarado ou axabariado, que xa foi recoyida nos vocabularios de referencia. (Suárez Fernández recoye en Mántaras 'axabarado', mentres que Díaz López y García Galano recoyen 'axavariado', que escriben con "v"). Igual  qu'axabariado, percíbese en espaxarelado un matiz de crítica, de que se considera qu'alguén vai vestido con pouco gusto, porque os colores son demasiados ou combinan mal entre sí.




mércores, 3 de marzo de 2021

SANTO

  





 El adxetivo santo úsase nel espresión 


                   santo dos pés queimados.


É un uso irónico que sirve pra retrucarye a alguén que se chama a sí mesmo "santo", querse dicir, que chufa de portarse ben y nun fer daqué de ruín. É evidente qu'el qu'usa esta espresión considera qu'el outra persona nun ten muito de búa y qu'el sou sito é, máis ben, el inferno.

   Exs: 

       1.

               - ¿¿Eu?? ¡Qu'iba ferlo eu, que sou un santín...!

               - Sí, sí, santín dos pés queimaos...


        2.

               - Déixaye ir col mozo. ¡Si é un santo!

               - Dirás un santo dos pés queimados. Anda, méteye el dedo na boca...

            

              





    

martes, 2 de febreiro de 2021

MAL

 




A nosa palabra tradicional pra referirse á enfermedá é mal. Ex.: Nun sei qué mal ten. que os médicos nun ye poden fer nada. Este significado ta recoyido, entre outros, nel Vocabulario da Veiga de Fernández Vior (1998) y tamén esiste en casteyano, unde xa nun s'utiliza muito na fala habitual (sí na lingua culta ou literaria), mentres qu'en galego-asturiano sigue sendo unha palabra usual nas conversacióis diarias. Peró nun la traigo hoi á Salvadeira por ela mesma, senón porque forma parte dun ditame que nun queremos que s'esqueiza:

                       El mal apanda cabalos.

Quer dicir que cualquera, hasta el máis forte y el que ten máis enerxía, condo ta malo de gravedá, achícase, nun ten agayo pra nada y nun ye queda máis romedio qu'asosegar y tar parao, sin trabayar nin fer miga.