Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








domingo, 29 de setembro de 2019

XA TA

                                  Resultado de imagen de ternerita


En Tapia y a súa contornada úsase unha espresión burlúa pra contestar a quen diz: "Xa ta".


Pos se é xata, pral ano que vén é vaca.


Ex.:  - ¿Veis ou nun veis? Acaba eso, que teño que marchar.
         - Espera, ho, que xa ta.
         - Pos se é xata, pral ano que vén é vaca.







sábado, 21 de setembro de 2019

REGALAR

                                                         
Resultado de imagen de regalo interrogación

  Con regalar faise un xogo de palabras coas dúas acepcióis del verbo (doble sentido):

         1. Fer un regalo a daquén.
         2. Abrir muito os oyos.

A quen quere saber qué ye regalaron a alguén pola ocasión que seña (Reyes, aniversarios...) contéstaseye deste xeito:

         - ¿Qué che regalaron?
      -  Os oyos.

É outra contestación burlúa das muitas qu'esisten en galego-asturiano y que tamos recoyendo na Salvadeira.



PUXO

Resultado de imagen de persona soberbia


     

A palabra puxo, que significa 'esforzo del corpo pra espulsar algo', utilízase tamén nel espresión


              ter puxos  

que s'utiliza pra referirse a unha persona soberbia, mui orguyosa, que se cre superior aos demáis. É algo asomeñao al espresión casteyana "tener aires de grandeza".


Ex.:   - Como iba con esa xente, fixo que nun me conocía...
         -  Ai, é que sempre tuvo muitos puxos.