Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.
Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com
¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!

martes, 8 de decembro de 2015
ESTUDIAR
Ademáis das acepcióis comúis col casteyano, en gallego-asturiano el verbo estudiar tamén ten unha acepción transitiva:
v.tr.: Pagarye os estudios [a alguén]. Ex.: Os meus padres fixeron muitísimo sacrificio: estudiáronnos a todos y daquela tíamos qu'ir a Uviedo, qu'aquí nun había instituto. // ¿Por qué pensas qu'é abogao? Estudióulo un señor de Madrid que vía todos os veraos y que s'encariñóu lamar con él. Se non, ¿d'unde iban sacar pa estudialo?
domingo, 6 de decembro de 2015
AXUXAR
v.tr. Botar [a unha persona ou animal] del sito movendo as maos varias veces hacía fóra y fendo el sonido "xxxxxxxx...." ou pronunciando a voz "xo". Ex.: Sempre qu'entramos nosoutros, ponse a axuxar al gato. Nun sei se irá con segundas. [AF.: estornar, escorrentar, escorrer]. 2. Agobiar a unha persona pra que marche. Ex.: Xa me vou, nía, nun fai falta que m'axuxes.
Col verbo axuxar esiste tamén a espresión: "axúxala, madre", que s'utiliza condo se ye fain festas a un crianzo.

-¡Axúxala, madre!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)