Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 17 de xaneiro de 2018

PICOFURÓN


                 Resultado de imagen de dendrocopos major

s.m. Cualquera das distintas especies d'aves da familia das Picidae que viven nel occidente d'Asturias, que se caracterizan por furar a madera dos árboles col sou pico.


[Esta palabra xa la incluíramos nel vocabulario recoyido en Lletres Asturianes nº 84, peró nun sentido figurado, condo s'utiliza como insulto referido ás personas con un focico pronunciado. Faltábanos el sentido recto da palabra, que recoyemos agora].

RESQUICIO


s.m. Refugayo, resto, pedazos mui pequenos que quedan d'algo máis grande. (Úsase muito en plural). Exs.: Nun deixóu del pastel máis qu'os resquicios. // Vai comprar azucre, que nun queda nin resquicio.


[Nesta palabra temos un bon exemplo de falsos amigos entre el casteyano y el galego-asturiano. Resquicio en casteyano é unha regandixa pola que se pode ver, ou unha abertura estreta entre a porta ou ventá y el sou marco. Namáis en Venezuela -según os datos dos diccionarios da lingua española- a palabra 'resquicio' ten el mesmo significao del galego-asturiano, ou un signifcao mui asomeñao.]