Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 12 de agosto de 2013

AFEITAR




v. tr.  Amañar as redes.


[Foto cedida por María Jesús Méndez Rodríguez, por acio del sito web facebook "Nel banco da rula"].

 

2 comentarios:

  1. Bus días, Conchita. Como ben saberás, "afeitar" tamén s'usa en gallego-asturiano col significao, diría eu, de cobrar indebidamente (por exceso) nun servicio prestao ou un ben adquirido:

    Ex.: "¡Vaya precio que ten el calzao. Fun comprar us zapatos y afeitáronme como ta mandao!

    Tamén lo teño escuitao col sentido de ser superao ampliamente núa competición; de llevar un repaso al enfrentarse con daquén, vamos.

    Ex.: "Xogamos al tute y perdemos todas as partidas. ¡Afeitáronnos como ta mandao!"

    Na mía casa (nun sei si é cosecha propia ou non) úsase muito el dito "Afeitarse a Oviedo" pra dirixirse a os contrarios condo estos perderon a partida contra ún.

    Ex.: "¡Hala! ¡Afeitarse a Oviedo! ¡Hoi vades calentes pra casa!"

    ResponderEliminar
  2. Teis razón. Eu tamén uso muito a palabra "afeitar" nese sentido de 'estafar' ou cobrarye a alguén demasiao por algún servicio ou mercancía, peró, a verdá, nun me decatara de qu'era galego-asturiano. Por eso nun metín esa palabra nin n'a "Salvadeira" nin nel meu vocabulario de 2003. Pensaba que tamén era un uso coloquial castellano (ou máis que pensar, inconscientemente tíala clasificada como tamén española) y, teño por norma nun meter máis qu'as palabras ou acepcióis que nun esisten en castellano. Na casa usámosla muitísimo, peró creo que xa sei por qué pensén que nun era galego-asturiano: meu padre usábala con muita frecuencia y era falante de castellano. Era de Vigo y falaba sempre en castellano, un castellano mui rico y culto (cuase rebuscao y barroco). Pero, claro, agora me dou conta de qu'él la usaba porque tamén esiste en galego y, por mui castellano que falase, nun deixaba de ser galego y sempre se meten localismos na fala. Busquénla nos dicionarios da lingua española y efectivamente nun ven, así qu'acabas d'abrirme os oyos. Nun é a primeira vez que descubro qu'unha palabra que tía por castellana, nun é. Eu aprendín todo el léxico de mía madre (unha tapiega), antias de que me dera por este vicio de buscar undequera máis palabras, espresióis y ditames pra que nun desaparezan, y por eso algunhas veces nun sou totalmente consciente de se a palabra é namáis galego-asturiana, ou tamén s'utiliza en castellano.

    Volvendo a "afeitar", os dous primeiros exemplos que dás tú ("Fun comprar unhos zapatos y afeitáronme como ta mandao" y "Xogamos al tute y perdemos todas as partidas. ¡Afeitáronnos como ta mandao!) parecen usos d'unha mesma acepción: "Deixar a alguén sen cuartos". Vou amecer este significao á "Salvadeira", outra vez en entrada independente pra darye máis visibilidá.

    Esa outra espresión que pois ("A afeitarse a Oviedo") pinta que nun é namáis da túa casa. Creo que me súa, peró nun tou segura. Se qués, tento fer algunhas averiguacióis antias d'amecela á 'Salvadeira'.

    Falando de palabras comúis ou non col castellano, sería unha maravilla qu'a alguén ye dese por fer un dicionario como é debido, que contuvese todas as palabras galego-asturianas independentemente de qu'esistan ou deixen d'esistir en castellano. É unha ferramenta que boto de menos todos os días, peró é un proyecto que supera as mías posibilidades, así qu'eu me sigo entretendo mentres poño aquí as palabrías "diferentes" que vou topando. Muitísimas gracias, Iván, pola túa colaboración.

    ResponderEliminar