Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 5 de setembro de 2013

HOSPITALEIRO, -A


sust.  Persona encargada del hospital, qu'era como se chamaba antigamente aos albergues de pelegríos qu'iban camín de Santiago de Compostela.



Observacióis: En Tapia esistía un albergue de pelegríos que se chamaba el Hospital de Piqueiro, que taba, se nun m'equivoco, aprosimadamente unde hoi é a caye Santa Rosa al altura unde se baxa pral muelle pola caye Antonio Tol y Cancio. D'ese albergue desapareceran un día as campás y nun se volvera saber máis nunca d'elas. Por iso quedara como frase feita en Tapia a espresión levar el viaxe das campás de Piqueiro -como xa recoyimos en Álvarez Lebredo (2003)-, pra dicir qu'alguén marchóu pra nun volver ou algunha cousa desaparecéu pra sempre. 
   Na actualidá temos un albergue de pelegríos nun sito ben guapo:  en San Martín, xunta Represas; peró parece ser (según as queixas dos internautas) que nun ten hospitaleiro y é un desastre. É unha pena, porque se tuvera ben atendido dábamos búa imaxe da vila  y se había recomendar na rede. Eso sería unha propaganda de baldre muito miyor que muitas que costan un feixe de cuartos. Por iso pedimos pra Tapia: ¡Hospitaleiro xa! (Alomenos nos meses de veráu).




3 comentarios:

  1. Norabúa pol blog, que sigo sempre con interés.
    Quería ferche úa pergunta sobre esta palabra. Entendo qu'el recordo d'ese hospital se mantuvese nel acordanza da xente porque, al cabo, era el nome del edificio. ¿Peró mantíase el recordo da persona encargada ou é que se conservaba a palabra por dalgúa frase feita?
    En Salave había outro establecemento pa pelegríos nel qu'einda se chama El Campo del Hespital (ou Hospital). ¿Sentiche esa outra variante con -e- na vila?
    Saludos
    Mantarego

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, as personas que me falaron del Hospital de Piqueiro recordaban que lo levaba un home que todo el mundo chamaba en Tapia el hospitaleiro. De feito, a os sous parentes seguiron chamándolos (alomenos hasta hai pouco) "os del hospitaleiro". Se ch'interesa, podo intentar averiguar qué familia era. Neste momento nun m'acordo, peró podo perguntar outra vez..., se lo saben inda, porque por desgracia os meus informantes perden memoria de día en día.
      Nun sentín nunca en Tapia a variante "hespital", peró nun m'estraña miga, porque esa clas de vacilacióis son típicas nese contesto fónico (veinme agora á cabeza variantes como estroloxo/ostroloxo, aspaventar/espaventar ou mesmo a palabra estantigua, del latín HOSTE ANTIQUA).
      Tamén debo dicir que nunca me falaron de hospitaleiras en femenino (a nun ser pra nomar a familia del hospitaleiro). Supoño que sería un oficio d'homes namáis peró, se recuperamos a palabra, lo lóxico é nestos tempos d'igualdá laboral, formar tamén el femenino, ou?
      Gracias por seguir el blog. Presta saber qu'hai alguén interesao por estas cousilías.

      Eliminar
  2. Tuven repasando el libro de "Historia de Tapia a través de sus calles" y é verdá que fala del hospital y del hospitaleiro. Diz que tuvo en funcionamento hasta as primeiras décadas del siglo XX y que lo levaban "as de Piqueiro".

    Mantarego

    ResponderEliminar