Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 4 de marzo de 2015

ESCONTRELA







A palabra 'escontrela' (procedente da advocación da Virxe del mesmo nome, na capiya de Casarego), condo s'usa como nome común, significa:

Muyer vestida sin elegancia que, pretendendo ir engalanada pra unha festa ou ocasión especial, resulta ridícula y de mal gusto. Aplícase normalmente a muyeres vestidas con roupa de largor escesivo pra os gustos actuales y con muitos adornos como volantes, lazos ou puntillas.

Ex.: ¡Ay, Virgen! ¿Cómo qu'iba elegante? Se parecía unha escontrela...  // ¿Nun irás levar así a nena á misa? Vai cambiala, anda, que vai feita unha escontrelía. // Diyes que che metan os baxos del vestido, nun vayas ir d'escontrela. // ¡Qué manía tein de levar as nenas á festa vestidas d'escontrelas!

2 comentarios:

  1. É úa espresión ben chocante y ben atrevida polo que ten d'irreverente. ¿Que será, qu'á virxe da capiya da Escontrela puxéronye dacondo un vestido feo, a xente fexo bromas y quedóu ese dito?

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. ¡Hahaha! Nun creo que fose por eso..., supoño que podería valir cualquera imaxe da Virxe pra fer el símil, peró en Tapia el dito que quedóu foi ese, quizais tamén por ser unha Virxe antiga. Máis ben será porque a aparencia dos vestidos desa xente a quen se ye aplica el nome 'escontrela' recordan os hábitos con que s'aveza vestir as imaxes de Santa María: hasta os pés y con muitos adornos (bordaos, douraos, cintas...). De feito, tamén esiste el espresión (col mesmo significao): "parecer unha Virgen d'aldea". Igual la sentiche tu algunha vez.
    A min préstame lamar esta espresión, sobre todo condo s'usa en diminutivo, peró nun me decidía a poñela n'a Salvadeira porque é algo esclusivo da zona de Tapia y non del galego-asturiano en xeneral pero, a verdá, é búa pena que se perda porque é gráficas ás chías.
    Un saludo.


    ResponderEliminar