Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 2 de xuño de 2015

COXA

Resultado de imagen de partes de la pierna



s. f.   Parte da perna que vai dende el cadril hasta a rodiya. Nel interior atópase el fémur.





6 comentarios:

  1. Outro dato ben interesante. Con ese significao eu namáis conocía a palabra de lela nos diccionarios galegos, que tamén ye dan el acepción de 'sufraxe, cova da perna detrás da rodiya'. Esa é el acepción de "coxa" que se rexistra nel asturiano occidental y qu'eu mesmo sentín en Corondeño (Ayande), na parte d'ese conceyo que fala galego-asturiano.
    Nun é miga rara esa treslación d'úa parte al outra del corpo. Un caso aparecido témolo nel vocabulario d'Acevedo y Fernandez, que recoyen como propia dos Ozcos y Grandas a palabra "xaoyo" col significao de 'muslo' (atendendo al consonantismo d'esos conceyos tería que ser "xaollo"). Tou na fe de que tamos delantre del nome veyo pra chamar ás rodiyas (ei temos el "xioyo" ou el "xonllo" d'outras zonas del Navia-Eo) qu'acabóu esqueicéndose con ese significao y que se mantuvo pra chamar un pouco máis enriba, a os muslos. Pode qu'eso fora el que pasóu cua "coxa" (el que nun sei é que foi primeiro, se pra chamarye á sufraxe ou pra chamarye al muslo).

    Mantarego.

    ResponderEliminar
  2. Supoño que primeiro sería pra chamarye al muslo. Mía bola estremaba 'coxa' (=muslo) de 'sufraxe' (parte detrás da rodiya). Ten en conta que en latín 'coxa" é el cadril y 'suffrago, suffraginis' a cova detrás del xiollo. (Nunca me gustóu escribir "rodiya", porque ma parecía unha palabra contraria ál sentido lingüístico galego-asturiano. Fíalo porque é lo que se dice, alomenos en Tapia. Agora que conozo estos datos tan interesantes que dás, xa nun volvo a escribir "rodiya", anque la siga usando na fala). Un saludo y muitas gracias polas túas aportacióis.

    ResponderEliminar
  3. Tería qu'escribir "xioyo" (non xiollo, como puxen nel comentario anterior).

    ResponderEliminar
  4. Sempre escribo mui zarapayeiro desde el teléfono móvil.

    ResponderEliminar
  5. Pois nun ye teñas medo á palabra "rodiya", que tamén é nosa, nía. Xa ta esplicao ben veces: ese sufixo -ícula derivóu na perda da vocal postónica (-ic'la), igual qu'outras palabras col grupo c'l (apícula > abeya; rotícula > rodiya). En asturiano, unde hai tantos resultaos dialectales diferentes pra este grupo, teis probas claras da súa autoctonía, porque podes atopar dende a forma "rodiella" (procedente del sufixo latín -ellam) hasta as derivadas del sufixo -ícula: "rodiya", "rodicha" y "rodía". Rodiya y xioyo, as dúas. ;-)

    Mantarego.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Convencícheme. Como sempre. Pos volvo indultar á palabra "rodiya" ; )

      Eliminar