Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 2 de novembro de 2016

TAOLLA








s.f. Paso erguido nel aire que dá entrada a os horros.



[Palabra recoyida en Teixeira (Grandas) y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].



2 comentarios:

  1. Igual taba ben qu'Iván nos dixese en qué conceyo recoyéu a palabra porque pola súa forma con -ll- pinta corresponderse cua zona de resultaos de tipo "carballo", "traballar", etc. É un término constatada nel oriente de Lugo y ben sei que, se se dese na nosa zona de resultaos de tipo "carbayo", "trabayar", a pronunciación sería "taoya".
    El demáis, a palabra é equivalente al asturiano "tanobia" ou "tenobia" pra referirse a un paso de madera pra pasar al hurro.

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Xa yo perguntén, pero inda nun me contestóu. Precisamente tardén en incluir estas palabras súas (y outro feixe qu'inda tan esperando por publicarse) porque me falta a información sobre a procedencia, qu'é fundamental. Asina, sin saber únde s'utilizan, quedan algo coxas as entradas.

    Tamén pensén eu nel problema taolla/taoya. Reproducinla tal como Ivan la escribíu y, comprobén, que tamén ta recoyida nel 'Dicionario de dicionarios da lingua galega' con esa mesma escritura. Però, como dices, é mui posible qu'a pronunciación nosa fose a correspondente a grafía con "y". A ver se nos conta algo máis Iván.

    ResponderEliminar