Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 1 de novembro de 2018

LOUXA


Resultado de imagen de tejados antiguos de pizarra asturias  Foto tomada del blog Ibias, el lejano Oeste

A palabra louxa úsase nel espresión burlesca

         "unha cousa redonda como a louxa"

que se yes diz ás personas (especialmente aos nenos) que contestan de forma vaga usando a palabra "cousa" sen máis especificacicacióis.

Ex:  - ¿Qué teis, que te vexo roncieiro toda a tarde?
       - Nada.
       - Algo che pasará...
       - Unha cousa...
       - Unha cousa redonda como a louxa.





1 comentario:

  1. Prestan muito estas respostas burlúas ou humorísticas, porque nun avezan a recoyerse nos vocabularios. Como nun tein un significao máis aló del xogo ou a broma, nunca se repara nelas. A ver se atopas máis.
    Por certo, presta que volva A Salvadeira. ;-)
    Mantarego

    ResponderEliminar