Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








venres, 4 de setembro de 2020

LAGAMAR

 

     Suspendido por un terreno de juego encharcado el Valdelacalzada-Arroyo | Hoy


s. m. 1.  Masa d'augua salada estancada. 2. Fig. Chagoza; tarrén ou prao chen d'augua. 

 Ex.: Deixou un grifo aberto y condo entrén nel baño... Aquelo, mialma, parecía un lagamar. // Chovéu a doiro toda a mañá y ta el campo feito un lagamar.  // Hai que suspender el partido se nun ques que xuguemos nun lagamar. 



5 comentarios:

  1. Veríaslo xa, pro é a típica palabra que ta recoyida en galego nos diccionarios y us coyen el dato d'outros, pro nun hai datos dialectales concretos d'en qué sito se diz.

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Vinla nos diccionarios portugueses, anque con definicióis algo distintas. El uso figurao, qu'é el que pervive en Tapia, nun aparece nesos diccionarios.
    Agora que mo dixiche, busquénlo nel 'Dicionario de dicionarios da lingua galega' (en Tapia, nun sei por qué, nun podia conectarme, agora si) y sí lo define como lagúa d'augua salada, igual que na nosa zona. Si, é unha pena que nun haxa datos xeográficos precisos.
    ¿Nun che presta esta formación composta?

    ResponderEliminar
  3. Aparece xa nel de Carré Alvarellos, qu'é el máis antigo dos que recoyen LAGAMAR, peró a saber d'únde sacóu el dato.

    ResponderEliminar
  4. Infórmame un entendido que Carré Alvarellos coyéu muitos datos del portugués. Probablemente esta palabra tamén. Era lo qu'eu sospeitaba y sería un caso máis de palabras que temos en común nel Navia-Eo con Portugal y que, en cambio, nun perviven en Galicia.

    ResponderEliminar
  5. Ou perviven nalgunhas zonas, peró nun tan recoyidas nos dicionarios oficiales

    ResponderEliminar