Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 7 de outubro de 2013

CEGO, -A

adx. Que nun corta [un cuitelo] porque ta emboutao.


[NOTA: Díaz López y García Galano recoyen el verbo cegarse col significao de perder el filo unha ferramenta de corte.]





4 comentarios:

  1. É verdá que se diz "Esta gadaña cegóuse". Son esas acepcióis de verbos aparentemente normales qu'ás veces pasan desapercibidas. Por seguir col tema, en asturiano, anque nun tía recoyido nos diccionarios, dizse "esta navaya nun ve" condo nun corta ben. Sempre ta relacionao cua vista. Y tamén con "ver" ten que ver este outro dito, tamén inédito, que se diz en Mántaras (y seguro qu'en máis sitos) condo un instrumento cortante (un cuitelo, úas tixeiras) nun corta: "Corta lo que ve y deixa lo qu'encontra".

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Si, eu tamén conocía ese dito. Vou poñelo como entrada na Salvadeira, porque estas cousas, se nun s'apuntan nalgún sito, pérdense axina.

    ResponderEliminar
  3. Vaya, agora empezo a atopar máis datos. Resulta que nun m'acordaba d'úa palabra qu'apuntara en Vilanova d'Ozcos: "cegarse" 'atazarse el basadoiro al xuntarse muita herba ou reices na reya'. Sigue tendo que ver col uso de "cegar" pra instrumentos cortantes, anque xa ten relación tamén col uso máis xeneral de 'tapar, obstruir un conducto'. Tamén hai datos aparecidos nos diccionarios galegos sobre cuitelos y navayas "cegas".

    Mantarego

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Tá ben a túa aportación. Tamén vou amecela al blog como úa entrada independente, porque con ese sentido tan específico nun la vexo en ningún outro "palabreiro".

      Eliminar