Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 17 de outubro de 2013

RISÓN





s. m. Instrumento formao por unha barra de ferro y varios brazos curvaos pra riba con un gancho na punta, que se bota al fondo del mar pr'asegurar as embarcacióis.



3 comentarios:

  1. Risón..un galeguismo das Rías Baixas no Cantábrico?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Respóndoche en galego estándar porque pola túa pregunta penso que es galego:
      Pois si, sempre se usou esa palabra no Cantábrico. E non só na zona onde eu obteño os datos (Tapia de Casariego), senón en moitos portos do Cantábrico. Non sei se a palabra, como tu dis, é orixinaria das Rías Baixas, pero o certo é que o léxico mariñeiro espállase con moita facilidade (como é ben sabido) porque os propios mariñeiros van aprendéndoo e levándoo de porto en porto. En Tapia son usuais dende hai séculos palabras de moi diversas orixes (ata do inglés!, como por exemplo "brus": o cepillo duro que se usa para fregar as cuberta dos barcos).

      A verdade é que sempre me pareceu un caso de seseo e, aínda que nunca fixen nada por averiguar como chegara ao Cantábrico a palabra "risón", sempre pensei que chegara por mar procedente das zonas seseantes de Galicia. Se alguén sabe algo sobre isto, por favor, que nos informe.


      Eliminar
  2. "Risón" dizse en todos os portos marineiros asturianos, dende As Figueiras hasta Llanes (Atlas Lingüístico Marinero de Asturias dixit).

    Mantarego.

    ResponderEliminar