Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 21 de novembro de 2013

DE MAO APURRIDA

loc. adv. A espresión

               de mao apurrida

úsase pra dicir qu'algo se fixo de forma voluntaria ou espontánea. Normalmente s'utiliza condo alguén s'ofrece pra prestarye axuda a outra persona, peró é un ofrecemento simulao, feito por quedar ben, sabendo que nun yo van aceptar. É equivalente a "de boca pequena". Aveza ir complementando al verbo vir.

Exs.: Veu mui de mau apurrida ofrecerme fabas. Eu nun las comprén y lougo nun mas deu. // De mau apurrida dixo que vía axudarnos a pañar patacas y nun parecéu en toda a tarde.





1 comentario:

  1. Sempre me chamóu el atención esta espresión, que ta recoyida nel vocabulario de Mántaras como "De manupurrida" ou "De manuapurrida". Sempre la interpetéi como un empréstamo ou úa frase feita semiculta, por manter ese -n- intervocálico. Úsase col sentido de quedar comprometido en fer daqué (Quedache de manuapurrida de vir verme y nun viche, Elos quedar quedaron de manuapurrida, peró despóis...). En asturiano tamén s'usa con ese sentido de quedar apalabrao: "De mano apurrida". El dato da Salvadeira pinta úa ampliación semántica del acepción orixinal d'ofrecerse, d'apurrir a mao. Como normalmente a xente queda en fer lamar de cousas y despóis todo se volve augua d'ovos... ;-)
    Hai un dato del vocabulario d'Acevedo y Fernández: "amigos a man purrida" 'amigos íntimos'. ¿Esa "n" enlaza col dato mantarego ou é úa mala lectura d'un posible "mau" nel manuscrito d'Acevedo?
    Nun encontréi traza d'esta espresión en galego, quizáis porque nun usan el verbo "apurrir" como 'achegar, dar na mao'.

    Mantarego

    ResponderEliminar