Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 25 de novembro de 2013

PESCADA




s.f.  (Merluccius Merluccius) Pez da familia dos teleósteos, de corpo alargao y de color gris agá nel ventre, unde é abrancazao. É mui apreciao na cocía.




A palabra pescada foi desaparecendo, sustituida por merluza, común col castellano, peró inda hai xente que la recorda. Ademáis, esiste na nosa terra unha cántiga popular que dice:


                             Pepe Repepe,
                             camisa cagada,
                             foi á cocía
                             lamber a pescada.
                             Tanto lambéu
                             qu'el pote rompéu.






                                   




1 comentario:

  1. Hai un poema del poeta naviego Pepe Muestras unde fala das "empanadas de pescada", así que xa temos dous datos dos dous estremos del Navia-Eo. Nel Atlas Llingüístico Marinero de Asturias de Barriuso namáis recoye a palabra "merluza" ("pescada" recóyelo como antigo nos portos d'Ouviñana y Cuideiru). A relación é evidente col término "pescadilla" pra chamar a merluza pequena. Ah, y a cría chámase "carioca" dende As Figueiras hasta Ortigueira.

    Mantarego.

    ResponderEliminar