Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 3 de febreiro de 2014

FEL


s.f. Bilis, sustancia amarga que segrega el fégado.

   Ex.: Lava ben el pescao, que a pescadeira sempre mo deixa chen de fel.


2 comentarios:

  1. É interesante esta palabra. En Mántaras y na Roda ta recoyida como "el afel", como masculino. Nel Franco, "el fel"; na Veiga "a fel". Así que con este dato da Salvadeira temos un dato que mira máis pral occidente.

    Mantarego.

    ResponderEliminar
  2. Si, eu xa vira qu'en Súarez Fdez. (1996) taba a forma "afel" y por eso dudén en meter a palabra, porque al cabo é a mesma. Agora vexo tamén que xa taba recoyida en Fdez. Vior(98), con lo que imcumplo a mía regla de nun poñer palabras que xa tan recoyidas nesas obras, peró en fin... agora que xa ta posta, nun la quito, sobre todo porque ta comentada coas túas interesantes aportacióis. (Xa vin que algunha das palabras da Salvadeira xa la recoyera eu mesma nel meu artículo del 2003).
    Volvendo a "fel", eu insistínyes muito a os informante para saber se a forma en Tapia era femenina, porque sei qu'en galego é masculina ("o fel") y tamén sentira "el fel" nel occidente d'Asturias. Peró dixeron claramente qu'era femenina: "Hai que quitarye a fel". El dato de Mántaras tamén parece un caso de prótesis de a- por fonética sintáctica (adición del artículo á forma), lo que vén a demostrar el xénero femenino d'esta forma na zona.

    ResponderEliminar