Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 24 de setembro de 2014

TREIXADA



s.f. Torniscada. Temporal de vento y augua.


[NOTA: Treixada é unha variante de treixuada, que sí vén recoyida nos vocabularios de Suárez Fdez.; Fdez. Vior; y Díaz López y García-Galano. El alternancia nel sufixo -ada/-uada é mui frecuente nel dominio galego-asturiano. Aparece en palabras como pasada / pasuada; cachada / cachuada ; trabada / trabuada y muitas outras. A forma treixada, usual en Tapia, ten tamén el sentido de 'mal ou enfermedá pasaxeira' que recoyen os lexicógrafos mencionaos.]


1 comentario:

  1. Esta treixuada ou treixada é ben interesante porque é ún d'esos casos de palabras derivadas d'outra que xa nun s'usa, alomenos na nosa zona. A treixuada ten que vir de "treixa", palabra oriental en galego pra chamar a úa soga ou corda. Polo tanto, úa treixuada sería un golpe con úa soga, y d'ei virían as outras acepcióis relacionadas con golpe que si conservamos en galego-asturiano: el mal ou enfermedá pasaxeira que se cita na entrada, el golpe de vento y augua que s'amece na Salvadeira... y outras dúas acepcióis que se recoyen nel Vocabulario de Mántaras: a de xatuada, esforzo, y a de golpe sin máis (que sería el acepción máis achegada á orixe da palabra): "Deuye úa treixuada que lo tiróu nel tarrén".

    Mantarego

    ResponderEliminar