Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








martes, 16 de setembro de 2014

RONCÓN

s.m.

1. Instrumento feito con un corno de mar usao nos barcos pr'avisar ás outras embarcacióis en días de cerzo. Tamén s'usaba nas cinzarradas que se yes daban aos viudos.


2. Parte da gaita que ye dá el sou sonido grave característico.




3. Sonido grave que fai el mar al entrar y salir nunha cova.

   Ex.: Nesa cova fai muito roncón porque ten unha greta mui grande.







1 comentario:

  1. Nun conocía a primeira das acepcióis. Eu conózoye el nome de "corno" tanto prá especie como prá cáscara que s'usa pra fer ese sonido. Aprovetando a terceira das acepcióis, xa que somos tapiegos, haberá que recordar El Roncón, en Tapia, cerca dos Cañóis, unde os rapaces, condo había vaga de mar, poñían a pucha pra esperar a qu'úa bufarada yela aventase. Condo chegóu el "progreso", tapóuse y a greta usóuse como salida del alcantarillao. Chufan os bufóis de Llanes, peró en Tapia podíamos ter el noso. Polo menos sabemos cómo se chaman en galego-asturiano.
    Agora que salíu el roncón, nun pode deixar d'acordarme d'outras palabras emparentadas que fain pensar en qu'ese -n- sía un casteyanismo, porque "rouco" é un adxetivo ben constatao nel Navia-Eo (y en galego, claro), y el vocabulario d'Acevedo y Fernández recoyen como xa en desuso el verbo "roucar". Mía bola de Bual dicía "rouqueño" al que falaba con voz grave.

    Mantarego.

    ResponderEliminar