Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 8 de maio de 2014

RAIGÓN

s.m. Peleyo levantao alredor das uñas dos dedos da mao, qu'aveza ser doloroso. SIN. respigo, padrastro.


2 comentarios:

  1. A mía observación é sobre os sinónimos, porque de "raigón" pouco hai que dicir máis qu'esa acepción nun ta recoyida nayundes.
    A forma máis xeneral nosa pra chamar a esa tiría de peleyo tou na fe de qu'é "respigo", palabra tamén usada en galego y en asturiano ("respigu"). É chamadeiro el sinónimo que dá Vior na Veiga, "degresa", que nos diccionarios galegos é úa greta nel peleyo.
    Lo de "padrastro" con esa acepción sal pouco nos vocabularios galegos y asturianos y ben sei que será un casteyanismo.

    ResponderEliminar
  2. Teis razón, ten toda a pinta de ser un casteyanismo, anque a xente tamén lo dice. "Respigo" é a forma máis común.

    ResponderEliminar