Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








mércores, 15 de abril de 2015

XÍCARA




s.f.  Elemento aislante de cristal ou loza que se poñía nos postes da luz ou del telégrafo pra evitar que os cables tocasen unhos con outros.

Ex.: De nenos sempre tirábamos pedras al alto d'os postes, a ver quén rompía máis xícaras.


[NOTA: El nome vénye da asomeñanza cuas tazas pequenas de loza, usadas sobre todo pra'l aceite, que se chamaban asina. Esa acepción principal xa ta recoyida en Suárez (1996)].

                                     

                     Xícara antiga d'un poste eléctrico.

1 comentario:

  1. Volvín corenta anos pr'atrás con esta palabra y, sobre todo, cua imaxe das xícaras brancas, máis qu'esta verde que puxiche. É verdá que pra os nenos era como úa ayalga aquela especie de tacías aló enriba. Mirábamos pras xícaras como as pegas buscando cousas que relumen. Al ler a entrada, el primeiro que penséi é qu'esta era úa palabra chamada a desaparecer nel uso, alomenos nesta acepción, peró precátome agora de qu'os postes d'alta tensión siguen tendo úas xicarúas grandes. Busco por Internet y descubro qu'en casteyano chámanse ¡"jícaras"!

    Mantarego

    ResponderEliminar