Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 4 de maio de 2015

ENHAYAR





v.tr. Condimentar [a carne] con ayo.

Ex.: Nun encendas el forno, ho, qu'inda teño qu'enhayar el pito y deixalo reposar dúas horas...

2 comentarios:

  1. Esta palabra é interesante porque nos fala d'un fenómeno nel que se reparóu pouco. É el d'ese ene velar intervocálico que podemos escuitar en palabras como unha ou algunha (que, como ben saben os da zona, pronuncíase máis ou menos como "ung-a"; é un ene que se pronuncía mui atrás, cerca da campanía). Esto tamén se dá en Galicia, é verdá, peró a novedá é qu'en galego-asturiano occidental tamén se dá noutras combinacióis de en- máis úa palabra qu'empece por vocal (enhayar, enhalar, enhantes, enhaugar, enheirar, etc.).

    Ás veces esa velarización puido levar a qu'acabe aparecendo ei úa consonante: engalar, engayada, engueirar..., fenómeno nel que si repararon estudiosos como José García ou Vior al referírense á fala del Franco y da Veiga, respectivamente. Tamén s'atopa a palabra engalar na veira máis oriental de Lugo, peró nun hai datos nel resto de Galicia.

    El interesante é esa fase intermedia de pronunciación del ene velar, del qu'hai us contos exemplos nel vocabulario de Mántaras (son dalgús dos que din máis enriba) y al qu'agora vén amecerse este dato tapiego da Salvadeira. Precisamente, nel de Mántaras aparece engayada, peró non enhayar nin enhayada, que seguramente tamén se dirá.

    Máis pral oriente del Navia-Eo el fenómeno desaparece. Por exemplo, dizse enalar (nin enhalar nin engalar).

    É úa pena qu'a muita xente que ta interesada nestas cuestióis nun interveña máis neste blog tan interesante unde temos el oportunidá de falar y enriquecernos mutuamente; de palabras y conocementos, aclaro ;-).

    Mantarego

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vior recoye nel sou Vocabulario da Veiga 'enayada' (con ene alveolar, non velar) como equivalente á nosa 'engayada' y lo mesmo fain Díaz y Galano nel son lexicón. Estos autores tamén escriben 'enauguar' y 'enairar' sin ene velar. Seguro qu'existen as dúas pronunciacióis en muitos sitos, peró nos faltan datos pra confirmalo. É búa pena, como tu dices, qu'a xente nun aporte información dos sous lugares pra que nos fixésemos unha idea máis clara da cuestión.
      Nel caso de 'enhairar' (nel tou vocabulario recoyes a variante 'enheirar'), teño claro qu'en Tapìa conviven as dúas pronunciacióis: con ene velar, 'enhairar', y con ene alveolar, 'enairar'. Peró pinta qu'el ene velar vai perdendo tarrén y vai acabar por desaparecer, cousa que tou atarrecendo, porque m'encanta ese sonido (que me parece tan de noso). En Tapia as propias formas dos artículos indeterminados unha, /-s, unhos (y os sous derivaos algunha, ningunha...) están desaparecendo porque a xente las vai sustituindo polas formas desnasalizadas (úa, ús, algúas...). As formas propias da vila sempre foron as que tían ene velar, peró a cantidá de xente que se trasladóu a vivir á vila dende as aldeas da contornada, foi fendo qu'os propios tapiegos das novas xeneracióis pensen que lo máis auténtico é pronunciar 'úa'. Eu intendo defender el ene velar usándolo el que podo, peró xa se sabe que contra a forza dos cambios lingüísticos nun se pode nada.

      Eliminar