Na nosa lingua hai muitísimas espresióis pra referirse al que come muito ou ye gusta ferlo. Podemos utilizar adxetivos como enchedoiro, fartón, golitrón, fardel, godoiro, lambión... Tamén podemos utilizar frases feitas como "comer a Dios polos pes", "comer pedras (ou cravos) que ye dían", "comer a encheboi", "como un cavador", "como un sabañón"... Son muitísimas. El acción de comer máis de lo debido pode ser "tragar", "encherse", "enfornar", "embutir" y muitas outras recoyidas nos diversos vocabularios de galego-asturiano así como nel Diccionario do Galego de Asturias.
Peró queremos recoyer aquí outra espresión que nun topén en ningunha das obras publicadas hasta el momento:
"comer unha medida y cagar un ferrado".
¡Buf! Ese é dos que comen unha medida y cagan un ferrado.
Pra ponderar a cantidá qu'aveza cumer a persona parecen en esta espresión dúas unidades de medida das que s'utilizaban antigamente, antias da xeneralización del sistema métrico decimal: a medida y el ferrado. Son dúas unidades de capacidá, das que s'usaban pra medir áridos. As equivalencias cambiaban dun conceyo a outro (y mesmo entre parroquias y lugares dun conceyo), peró en todo caso equivalen a muitos litros. Unha medida era medio ferrado, así qu'esta espresión significa "comer muitísimo y cagar inda máis", a diferencia del ditame casteyano Tal come el mulo, tal caga el culo, unde s'equiparan as dúas accióis de botar pra dentro y pra fóra.
Anque, evidentemente, nun se pode dar unha equivalencia esacta, se lo espresamos en peso (a lo que agora tamos máis avezados), a medida da zona de Tapia andaría cerca dos sete kilos y el ferrado pasaría dos trece y medio. Todo esto nun deixa de ser unha aprosimación, porque cada grau ten a súa propia forma y densidá y, pol tanto, nun ha pesar el mesmo un ferrado de meiz que ún de garavanzos.
Tanto ye damos. El caso é encherse como un babuyo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario