Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 20 de agosto de 2025

XOGOBOBO

 

s.m. Afatao, parao, pusilánime, persona que nun ten capacidá de reaccionar condo el ocasión lo precisa.

Ex.: ¿Díxoche eso? ¿Y tu nun ye contestache? ¡Qué y'ibas contestar se es un xogobobo...! 

                                            --------------------

        --Ai, Virgen. ¿Así qu'a nena chumbóu? ¿Y el irmao nun se tiróu pa sacala?

        --Non, nía, non. Quedóu alí como un xogobobo.


Este curioso composto parece que se formóu a partir de dous elementos latinos: IOCUS y BALBUS. El sustantivo latino IOCUS (que deu lugar á palabra xogo) significaba en latín tanto 'chancia, burla', como a persona qu'era obxeto da burla dos demais. A palabra latina BALBUS (qu'acabaría evolucionando na nosa lingua al adxetivo bobo) designaba en latín al tatabeyo, al torpe de lingua. Desta maneira, a nosa palabra nun pode ser máis espresiva porque fai referencia al mesmo tempo a unha persona ridícula por pasmada y medrosa, alguén qu'é a risión dos demais por conainas ou xanapo; un xoguete, un monicaco, un espantapáxaros que nun reacciona como unha persona de verdá, peró tamén alguén a quen nun ye salen as palabras, que queda muda ou fala torpemente y nun é quen a contestar.

        

       

Ningún comentario:

Publicar un comentario