Esiste un ditame relacionado col mundo marineiro que nos fala dos momentos máis axeitados pra ter unha búa pesca:
Al acexo marea el pexe.
Tar al acexo é tar vixilando, velando ás escondidas, peró neste ditame faise referencia á pesca al acexo. Trátase d'esperar na lancha ou en terra el momento propicio pra pañar unha búa cantidá de pescado, que normalmente é nos cambios de luz: ou ben á noitía, nel período de tempo que vai entre que se pon el sol y ta escuro de todo; ou al ameicer, nel tempo de transición entre a escuridá y a luz da mañá. Nestos momentos déixanse ver os mansíos ou xarabales en movemento (as meixúas), y é máis fácil orientar as artes de pesca hacia elos.
El verbo marear (ou mariar) fai referencia al movemento del augua cua marea y al xeito en que os pexes agrupados en mansíos suben con ela cerca da superficie y mesmo sacan a cabeza sobre el augua.
[En Galicia distinguen entre el acexo (pronunciado "asexo" na mayor parte dos portos), que ten lugar á noitía, y a luzada (ás veces pronunciado "lusada") ou alborada al ameicer. Noutros lugares de Galicia, como na ría de Vigo, estrémase el asexo (noite) del amanexo (día). Peró en Tapia, unde recoyín este ditame, fálase de acexo nos dous crepúsculos, anque se pode especificar, nel caso das primeiras horas del día, que se trata del acexo da mañá. En concreto, os informantes que m'esplicaron este ditame falaban del momento de romper el día, al ameicerín].
Ningún comentario:
Publicar un comentario