Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

mércores, 15 de marzo de 2017

OLA



A espresión ter el ola (ou ter a ola) utilízase pra referirse á respiración ansiosa y entrecortada propia da agonía, dos últimos momentos antes da morte. Ter el ola é sinónimo de "tar a pique de morrer, tar nas últimas".

         Ex.: -¿Cómo ta el enfermo?
                - Mui malín. Ai Dios, nun pasa d'hoi: xa ten el ola.



[A palabra ola ta recoyida nunha acepción relacionada en Suárez Fernández (1996): "Catarro mui forte [nel pecho que fai ruido al respirar]". Parecéume oportuno recoyerla outra vez porque, anque se trata tamén d'unha respiración ruidosa, el contexto d'uso é diferente.]


MACHAR


  v.intr. Fer ruido coa boca (separando con forza a lingua del paladar) pra espresar fastidio. Var: machiar.



[A variante machiar aparece recoyida nos outros vocabularios: Suárez (1996); Fdez. Vior (1998); y Díaz López y García Galano (1994).]


luns, 23 de xaneiro de 2017

TRAFEGO

                 

                           Imagen relacionada


s.m. Cambio del viño dende as cubas a recipientes máis pequenos aprovetando el menguante de marzo. Faise pra depurar el viño das cubas.



[Palabra recoyida por Iván de Cazarón a Ricardo Cotarelo Restrepo, Cotarelo de Pelorde,en Pelorde (Pezós).]



domingo, 22 de xaneiro de 2017

PORVIR




s.m. Situación económica futura d'unha persona.

Ex.: Déixalo, nía, el sou porvir nun vai tar nas vacas. // ¿Qué porvir van ter se nun estudian nada? // Eso nun ye vai valir pa nada; el porvir ta nos ordenadores y esas cousas.



domingo, 4 de decembro de 2016

FANA

                 

                     

s.f. Desprendemento de terra. Var.: fanadaSin.: barrancada.


[Gracias a Alberto Castro Gion, que nos mandóu esta palabra. Según os sous datos úsase en muitos lugares del Navia-Eo: Navia, Villayón, Bual, Eilao, Grandas, Ibias... É equivalente al asturiano argayu y á forma barrancada, usada en muitos lugares, entre outros, en Tapia.].

MIXIRICO, -A


                                 

adj: úsase pra describir un neno mui dalgao, qu'é pouca cousa y qu'aveza a poñerse malo. (U. t. c. s).

Ex::    -Púxose malo Xuan.
         - ¿Outra vez? Este neno ta feito un mixirico.




[Palabra y exemplo enviados por Alberto Castro Gion, que la rexistra en Navia. Tamén la recoyín eu en Tapia xunto al sinónimo mixiriqueiro que, ademáis del acepción de máis arriba, tamén s'utiliza col sentido de 'que se queixa por todo, choramiqueiro'). Alberto Castro tamén recoyéu otros sinónimos de mixirico en distintos puntos del Navia - Eo:

     milixo, en Tormaleo (Ibias)
     pezquerido y pesquerido, en Eilao. ]


mércores, 2 de novembro de 2016

PRIMIDEIRAS




s.f.pl.   Pedales del telar que suben y baxan os lizos.


[Palabra recoyida y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].

TAOLLA








s.f. Paso erguido nel aire que dá entrada a os horros.



[Palabra recoyida en Teixeira (Grandas) y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].



mércores, 21 de setembro de 2016

D'A PERRÓN

A espresión

         cousas d'a perrón

ta referida a ditos ou feitos propios dun cimprón ou persona sinsustancia. É equivalente a 'fatadas' ou 'cimpradas'. Utilízase normalmente acompañada del verbo ter.

           Ex.: -Mira que perguntarye eso á profesora...
                 -¿Y qué ye ques? Sempre ten cousas d'a perrón.



COCHO DE MAL ANO

                 

             

A espresión

         ser un cocho de mal ano

aplícase a personas que tan mui dalgadas, anque comen abondo; querse dicir, a personas que nun engordan con facilidá.

Ex.:   -Esta túa neta nun engordóu nada nel verao.
         - Pos cómeche lamar; pero nun lo luce: é un cochín de mal ano.