Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 19 de outubro de 2025

ALBERXAR(se)

 


v. pron. 1. Aloxarse, hospedarse, pasar a noite a cuberto esperando el ameicer. 2. Abeirarse, resguardarse das inclemencias del tempo.

Exs.: 

       Xa ta mui escuro pra seguir. Vai ser miyor que busquemos únde alberxarnos pra pasar a noite.

       Corre, ven alberxarte, que ta chovendo a doiro!

        



Anque a someñanza col casteyano "albergar" poda levarnos a pensar que tein a mesma orixe y qu'a primeira acepción sería a de "abeirarse, guardarse" y d'ei se derivaría el outra ('aloxarse', 'hospedarse'), resulta qu'a coincidencia fonética é casual. Mentres qu'albergue, albergar vein dunha raíz xermánica bargain ('conservar', 'guardar', 'protexer', el noso alberxar ten que ver col latín ALBOR, ALBORIS (a claridá, a luz, el ameicer) derivado de ALBUS ('blanco'), de xeito que se formóu un verbo alborexar (*alboridiare) qu'alternóu con alberexar y, finalmente, sincopóu en alberxar:

         ALBOREXAR  > ALBEREXAR > ALBERXAR

qu'en principio significaría 'ameicer' y despós esperimentaría cambios semánticos progresivos: "esperar pol ameicer", "guardarse hasta el ameicer" y d'ei el significao que ten na nosa lingua: 'aloxarse, hospedarse, poñerse a cuberto hasta el ameicer'. A segunda acepción derívase desta por xeneralización: 'guardarse, protexerse del vento, frío, augua...'

martes, 14 de outubro de 2025

CANTARÍN


 El sustantivo cantarín designa unha cántiga popular ou tradicional. Pra construír unha oración en galego-asturiano coa palabra cantarín utilizamos el verbo botar.

Os lingüistas chaman colocacióis ás combinacióis frecuentes de palabras, as unióis de dúas palabras que s'usan habitualmente pra construir un enunciado con un sustantivo específico de forma que súe natural aos ouguidos dun falante nativo. As colocacióis máis usadas son as que se compóin de sustantivo + adxetivo ou as de verbo + sustantivo, como é el caso del verbo botar col nome cantarín. Conocer as colocacióis é importante pra dominar unha lingua. Por exemplo, pra espresar el feito de que daqué provoca medo, el casteyano usa na fala coloquial el verbo dar

                            Me da miedo.

mentres qu'el galego suroccidental utiliza el verbo poñer:

                            Ponme medo.

El galego-asturiano, en cambio, quere miyor el verbo meter pra este tipo de construccióis:

                             Mete medo

          Ex:  Mete medo cómo ta el mar hoi!

Meter medo é unha colocación de noso. Outras colocacióis témoslas nas combinacióis "fer ruido", "fer unha pergunta" peró "dar unha contestación". Podemos ver outro caso nel sustantivo "misa". El cura nun *fai misa, nin *dá misa, senón que diz misa. Del mesmo xeito os cantaríos, nin se fain, nin se cantan, nin s'entonan,  bótanse


              Ex.:  Cala y escuita, qu'el bolo vai botar un cantarín mui guapo.


Peró hai que ter en conta que nun é lo mesmo usar el artículo indeterminado un qu'el determinado el, pos neste caso el significado varía. A espresión adquire connotacióis diferentes:


                        botar el cantarín


é poñerse a cantar alguén que ta calamucano. Condo el viño empeza a fer efecto é mui habitual arrancarse con unhas copras ou cántigas, querse dicir, botar el cantarín. 

        

                 Ai, Virgen! Xa ta Pepe botando el cantarín...


Significa que chegóu al estado d'embriaguez unde se perde a vergonza y s'empezan a dicir y fer cousas estrafalarias. 





venres, 3 de outubro de 2025

AL ACEXO

     Esiste un ditame relacionado col mundo marineiro que nos fala dos momentos máis axeitados pra ter unha búa pesca:


                     Al acexo marea el pexe.


Tar al acexo é tar vixilando, velando ás escondidas, peró neste ditame faise referencia á pesca al acexo. Trátase d'esperar na lancha ou en terra el momento propicio pra pañar unha búa cantidá de pescado, que normalmente é nos cambios de luz: ou ben á noitía, nel período de tempo que vai entre que se pon el sol y ta escuro de todo; ou al ameicer, nel tempo de transición entre a escuridá y a luz da mañá. Nestos momentos déixanse ver os mansíos ou xarabales en movemento (as meixúas), y é máis fácil orientar as artes de pesca hacia elos. 

El verbo marear  (ou mariar) fai referencia al movemento del augua cua marea y al xeito en que os pexes agrupados en mansíos suben con ela cerca da superficie y mesmo sacan a cabeza sobre el augua. 

[En Galicia distinguen entre el acexo (pronunciado "asexo" na mayor parte dos portos), que ten lugar á noitía, y a luzada  (ás veces pronunciado "lusada")  ou alborada al ameicer. Noutros lugares de Galicia, como na ría de Vigo, estrémase el asexo (noite) del amanexo (día). Peró en Tapia, unde recoyín este ditame, fálase de acexo nos dous crepúsculos, anque se pode especificar, nel caso das primeiras horas del día, que se trata del acexo da mañá. En concreto, os informantes que m'esplicaron este ditame falaban del momento de romper el día, al ameicerín].