Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








luns, 24 de xuño de 2013

CASORIO


A palabra casorio, que significa 'voda, matrimonio' úsase na espresión

                      nun perder casorio

Quer dicir que a ocasión nun merez tantos esforzos como se ta tomando unha persona. Úsase sobre todo condo unha persona se ta amañando muito pra ir a algún sitio y el que fala considera que nun é necesario.

                Ex.:  - Espera, que teño que cambiarme el vistido.
                        - Anda, ni'anda, vai así, que nun perdes casorio.





Ningún comentario:

Publicar un comentario