Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou faceryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

Solo admitimos palabras que nun teñan xa recoyidas nestas recopilacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente as que vamos publicando.

Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dun comentario a unha entrada concreta, ou a este correo:
currosenriquez.castellano@gmail.com

¡SALVEMOS EL GALEGO-ASTURIANO!








xoves, 20 de xuño de 2013

COCHO


Outro ditame:


A todo cochín, chégaye el sou San Martín.




Este ditame esiste tamén en Galicia y resto d'España. É ben conocido: significa que a todos yes acaba chegando el castigo que merecen.

 De todas formas é máis guapo el noso "San Andrés, coye os cochos polos pés", que ten un significao mui diferente peró tamén fai referencia á matanza: indica el momento en qu'el tempo empeza a tar frío abondo (30 de novembre) pra poder matar os cochos.


3 comentarios:

  1. Tamén esiste el dito na nosa contornada que reza: "El que mata, come cocho"

    ResponderEliminar
  2. Muitas gracias pola aportación. Se che parez, vou amecelo á "Salvadeira" nunha entrada independente, pa que seña máis visible que nel comentario.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Iván, agora tou pensando que nun sei pra qué s'usa esactamente. Necesito que mo aclares. ¿Tein el mesmo sentido que "A todo cochín...", querse dicir, que sempre s'acaban pagando as culpas?
      ¿Ou refírese a que namáis el que ten cocho pode comelo? Quero dicir, solo el que trabaya, pode lougo gozar dos beneficios.
      Inda pode ter outro sentido, relacionao col ditame "Cadún trata de lo que mata". Querse dicir, se che dedicas a unha cousa, lougo é natural que sempre teñas esa cousa, fales delas, etc. Sería un ditame contrario a "Na casa del ferreiro, cuitelo de palo". Ou quizabes significa algo distinto.
      Aclárame en qué sentido usades ese ditame, pra poder amecelo á Salvadeira coa esplicación correspondente. Muitas gracias.

      Eliminar