Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

martes, 3 de maio de 2016

METERSE EN AUGUA

                    

El espresión

                  meterse en augua

utilízase condo se prevé que vai chover sin parar el resto del día; condo, inesperadamente, a cara del día cambía a pior y pinta que nun vai volver escampar.

Ex: Cua mañá tan guapa que tuvo..., ¡mira cómo se meteu a tarde en augua! // Xa che dixen que recoyeras a roupa, que se taban poñendo unhas caras feísimas y que s'iba meter en augua.

PASMAR

                    


v.intr.  Aveyentarse [unha tela] de xeito que s'esgaza al tocala.  [Úsase sobre todo el participio con valor adxetivo: pasma(d)o, -a].

Exs.: Teis qu'usar máis el mantel de filo, que lo teis guardado todo el tempo y váiseche pasmar. // As cortinas da cocía tán pasmadas y rompen todas; vou ter que fer outras pral día del Carmen.

mércores, 6 de abril de 2016

BAROLO

                     

s.m. Capa averdosada  ou abrancazada, ás veces con peluxo, que cría a materia orgánica con humedanza y fai que vaya apodrecendo. Sin: mofo, magor.

MANOUGO

                   

s.m. Montón d'herba ou de verduras que coye na mao. Sin.: mañuzo.


martes, 1 de marzo de 2016

SERENO, -A

                

adx. Nel sou punto esacto de cocción [unha comida]. Ex.: "A min as patacas gústame que queden serenas, nin duras nin desfeitas".



[Ivan de Cazarón propón, con muita razón, qu'usemos el adxetivo sereno, -a, nel canto da espresión italiana al dente, pra referirnos al punto de cocción axeitado pr'á pasta, el arroz ou as verduras. Muitas gracias a Iván por apurrirme esta palabra y, sobre todo, á informante: Benigna González Álvarez ("Benigna de Petrona), da casa de Petrona en Eilao.]

VASADORAO

                             

 s.m.Cantidá grande de patacas ou de comida [feita con patacas].
 Ex.: "Condo era nova cocinaba muito: fía un vasadorao de patacas con bacalao y subíalo al monte pr'á xente que taba trabayando allí, cavando pra llabrar el trigo".



 [Informante: Benigna González Álvarez, "Benigna de Petrona" (Eilao). Gracias a Iván de Cazarón, que foi el intermediario que "pescóu" a palabra y ma apurríu].

martes, 2 de febreiro de 2016

TARECO


                     

s.m. Recipiente pequeno y de pouca valía. Sin: Caxirolo, tancarolo.


<NOTA: En plural, tarecos, xa ta recoyida nos vocabularios de Mántaras y A Roda. Suárez Fernández defínelo asina: "Ferramentas [pequenas], trastes [precisos pra fer un labor]. El cerruyeiro pasaba de porta en porta cos sous tarecos".
    Gracias a Marián, d'Andés, y a Xosé Miguel Suárez, de Mántaras, por apurrirme este uso da palabra en singular.>



TANGUER


v.intr. Tar colgando [unha cousa] al tempo que se move un pouquín d'un lao pra outro.

  Ex.: Iba pañar amoras d'arto en arto cúa bolsía tanguendo na mao.


[NOTA: A palabra tanguer úsase con este sentido en Andés (Navia). A definición y el exemplo (un pouco retocao porque era mui largo) son de Marián. Muitas gracias pola aportación].


luns, 4 de xaneiro de 2016

MAZAGUATAS




s. m. y f. Persona compangúa qu'anda adulando a todos y dándoyes golpecíos nos hombros pra quedar ben con quenquera. AF.: lambecules.




RETAFILA




s.f. Riña ou reprimenda larga, "sermón".

      Ex.: Nun te volvo chamar por teléfono, que nun fais más que riñirme. Sempre me tas soltando unhas retafilas que me dan ganas de colgar. // Botóuye el padre unha retafila, que nun ye van quedar ganas de volver chegar tan tarde.


[NOTA: Nel Vocabulario d'A Veiga, de Fernández Vior, aparece recoyida esta palabra con esta definición: "Retahíla, serie de cosas que se mencionan o suceden en orden", y el exemplo: ¡Botóu unha retafila de cagamèntos! É unha acepción mui relacionada coa nosa, peró máis xeneral. Pareceunos ben amecer ese significao porque ten un matiz un pouco diferente, anque nun deixa de ser unha serie de reproches, un montón de palabras duras ditas unhas despós das outas, como "en fileira". Tamén recoyen a palabra Jacinto Díaz López y Manuel García 'Galano' nel sou Vocabulario d'A Roda, peró nun la definen, senón que se limitan a dar el equivalente casteyano "retahíla"].