Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

venres, 3 de outubro de 2025

AL ACEXO

     Esiste un ditame relacionado col mundo marineiro que nos fala dos momentos máis axeitados pra ter unha búa pesca:


                     Al acexo marea el pexe.


Tar al acexo é tar vixilando, velando ás escondidas, peró neste ditame faise referencia á pesca al acexo. Trátase d'esperar na lancha ou en terra el momento propicio pra pañar unha búa cantidá de pescado, que normalmente é nos cambios de luz: ou ben á noitía, nel período de tempo que vai entre que se pon el sol y ta escuro de todo; ou al ameicer, nel tempo de transición entre a escuridá y a luz da mañá. Nestos momentos déixanse ver os mansíos ou xarabales en movemento (as meixúas), y é máis fácil orientar as artes de pesca hacia elos. 

El verbo marear  (ou mariar) fai referencia al movemento del augua cua marea y al xeito en que os pexes agrupados en mansíos suben con ela cerca da superficie y mesmo sacan a cabeza sobre el augua. 

[En Galicia distinguen entre el acexo (pronunciado "asexo" na mayor parte dos portos), que ten lugar á noitía, y a luzada  (ás veces pronunciado "lusada")  ou alborada al ameicer. Noutros lugares de Galicia, como na ría de Vigo, estrémase el asexo (noite) del amanexo (día). Peró en Tapia, unde recoyín este ditame, fálase de acexo nos dous crepúsculos, anque se pode especificar, nel caso das primeiras horas del día, que se trata del acexo da mañá. En concreto, os informantes que m'esplicaron este ditame falaban del momento de romper el día, al ameicerín].




luns, 29 de setembro de 2025

MEIXÚA

 

s.f.  Feixe de pexes da mesma especie que se pescan al mesmo tempo ou qu'el marineiro ve achegarse condo ta faneando.

Ex.: ¡Bota el apareyo, qu'ei nos vén unha búa meixúa!




A etimoloxía desa palabra é controvertida. Podería proceder da raíz indoeuropea mei-k, que significa, conforme indica el diccionario etimolóxico de Julius Pokorny, "mesturar", "xuntar", "aglomerar", y eso é precisamente unha meixúa, unha aglomeración ou xuntanza de pexes. Méndez Ferrín cre que nesa raíz indoeuropea ta el orixe da palabra "meixón", qu'en galego designa a cría del anguila, especie que se despraza pol augua en grupos de muitos individuos. A raíz indoeuropea mei-k pasaría al latín baxo formas como el verbo misceo, el adxetivo mixtus ou el sustantivo mixtio/mistio, del que el acusativo MISTIONEM sería el étimo probable del meixón galego. En cambio, a nosa meixúa é unha forma femenina que pode que se formase a partir dun masculino 'meixón' que nun se conserva nas falas del oeste de Asturias agá na zona interior máis occidental, unde designa unha arte de pesca. Precisamente ún dos valores del femenino gramatical é el valor colectivo (como sucede en fruita, qu'é el colectivo formado a partir del latín FRUCTUS). Outro valor del feminino é el de significar tamaño mayor qu'el designao pol masculino (como ocurre en cesto/cesta, horto/horta ou furado/furada). Tamén este significado de "tamaño grande" podería corresponderye á nosa palabra "meixúa".

Peró as cuestióis etimolóxicas son cuase sempre complicadas y, muitas veces, pouco claras. Por eso nun podemos obviar qu'en galego-asturiano (como tamén nel galego común ou nel asturiano) esiste a palabra mansío, que designa un conxunto grande de pexes que se desprazan xuntos; querse dicir, ten cuase el mesmo significado qu'a palabra meixúa, se nun fose qu'esta última parece ter el matiz (dedúcese das esplicacióis dos informantes) de seren un grupo de pexes qu'aflora ou xurde cerca d'unde el marineiro ten as artes de pesca. Parece ser unha palabra que s'usa para os montóis de pexe que se pescan, tan a pique de pescarse ou, alomenos, hai a posibilidá de pescalos por achegárense aos marineiros que los tán esperando. El asomeñanza fónica entre as palabras mansío y meixón/meixúa é evidente, pero levaríanos por outro camín etimolóxico. Resulta que mansío se relaciona coa palabra latina MANSIO (ac. MANSIONEM). De MANSIONEM pode derivarse perfectamente meixón y deste el femenino meixúa, como esplicamos máis arriba. El movemento dos pexes AD MANSIONEM describe perfectamente el desprazamento dos pexes hacia as redes, apareyos ou outras artes de pesca. Con un étimo relacionado, a palabra casteyana mesnada (<MANSIONATA, usada na Edá Media, designaba a os cabaleiros que acompañaban al señor y formaban parte da súa casa. A palabra latina MANSIO, -IS (que deu lugar a maison en francés, y en casteyano al cultismo mansión y al galicismo mesón) significaba en latín "pousada, fonda, lugar pra alberxarse os caminantes y el gado y pasar a noite". Con este mesmo significado latino de fonda ou pousada usábanse as palabras meixúa y ameixúa en barallete, a lingua dos afiladores da provincia d'Ourense. Nun nos parece casual a coincidencia fónica coa nosa meixúa.


mércores, 20 de agosto de 2025

COMER MUITO

 

Na nosa lingua hai muitísimas espresióis pra referirse al que come muito ou ye gusta ferlo. Podemos utilizar adxetivos como enchedoiro, fartón, golitrón, fardel, godoiro, lambión... Tamén podemos utilizar frases feitas como "comer a Dios polos pes", "comer pedras (ou cravos) que ye dían", "comer a encheboi", "como un cavador", "como un sabañón"... Son  muitísimas. El acción de comer máis de lo debido pode ser "tragar", "encherse", "enfornar", "embutir" y muitas outras recoyidas nos diversos vocabularios de galego-asturiano así como nel Diccionario do Galego de Asturias

Peró queremos recoyer aquí outra espresión que nun topén en ningunha das obras publicadas hasta el momento:

           "comer unha medida y cagar un ferrado".

  ¡Buf! Ese é dos que comen unha medida y cagan un ferrado.

Pra ponderar a cantidá qu'aveza cumer a persona parecen en esta espresión dúas unidades de medida das que s'utilizaban antigamente, antias da xeneralización del sistema métrico decimal: a medida y el ferrado. Son dúas unidades de capacidá, das que s'usaban pra medir áridos. As equivalencias cambiaban dun conceyo a outro (y mesmo entre parroquias y lugares dun conceyo), peró en todo caso equivalen a muitos litros. Unha medida era medio ferrado, así qu'esta espresión significa "comer muitísimo y cagar inda máis", a diferencia del ditame casteyano Tal come el mulo, tal caga el culo, unde s'equiparan as dúas accióis de botar pra dentro y pra fóra. 

Anque, evidentemente, nun se pode dar unha equivalencia esacta, se lo espresamos en peso (a lo que agora tamos máis avezados), a medida da zona de Tapia andaría cerca dos sete kilos y el ferrado pasaría dos trece y medio. Todo esto nun deixa de ser unha aprosimación, porque cada grao ten a súa propia forma y densidá y, pol tanto, nun ha pesar el mesmo un ferrado de meiz que ún de garavanzos. 

Tanto ye damos. El caso é encherse como un babuyo. 



                          

XOGOBOBO

 

s.m. Afatao, parao, pusilánime, persona que nun ten capacidá de reaccionar condo el ocasión lo precisa.

Ex.: ¿Díxoche eso? ¿Y tu nun ye contestache? ¡Qué y'ibas contestar se es un xogobobo...! 

                                            --------------------

        --Ai, Virgen. ¿Así qu'a nena chumbóu? ¿Y el irmao nun se tiróu pa sacala?

        --Non, nía, non. Quedóu alí como un xogobobo.


Este curioso composto parece que se formóu a partir de dous elementos latinos: IOCUS y BALBUS. El sustantivo latino IOCUS (que deu lugar á palabra xogo) significaba en latín tanto 'chancia, burla', como a persona qu'era obxeto da burla dos demais. A palabra latina BALBUS (qu'acabaría evolucionando na nosa lingua al adxetivo bobo) designaba en latín al tatabeyo, al torpe de lingua. Desta maneira, a nosa palabra nun pode ser máis espresiva porque fai referencia al mesmo tempo a unha persona ridícula por pasmada y medrosa, alguén qu'é a risión dos demais por conainas ou xanapo; un xoguete, un monicaco, un espantapáxaros que nun reacciona como unha persona de verdá, peró tamén alguén a quen nun ye salen as palabras, que queda muda ou fala torpemente y nun é quen a contestar.

        

       

domingo, 1 de xuño de 2025

MOLE

 El adxetivo mole ('brando, fácil de masticar ou que perde a forma á mínima presión') ten un uso adverbial nel espresión

falar mole

que fai referencia a un xeito d'espresarse con suavidá, con formas delicadas qu'encerran traición ou falsedá. El qu'usa esta espresión considera qu'el que fala nun ten búas intencióis y esconde máis de lo que diz, nun enseña todas as cartas ou nun vai coa verdá por delante.

Ex.: Ui, ten muito cuidao con él, qu'é dos que falan mole.


[Compárese col adxetivo culto melifluo, -a y el adverbio melifluamente, que s'usan de forma aparecida, en contestos despectivos.]

ESGUMILAR

 v. intr. Esgargaxar, arrincar gargaxos.




BARBOYAR, BARBOYENTO



BARBOYAR: v. intr. Falar muito y sin xeito. 

BARBOYENTO, -A: adx. Persona que barboya, que fala muito y diz cousas sin sentido. 


[Fdez. Vior recoye barbayar y barbayo. Ambas parecen tamén nel Dicionario do Galego de Asturias, de Carlos Aenlle, escritas "barballar", "barballo", conforme ás normas ortográficas da RAG.]