Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

sábado, 4 de outubro de 2014
DESAMASAR
v. intr. Convencerse de qu'algo [con que se cuntaba ou pra lo que xa se taba preparao] nun vai poder ser.
Ex.: Vai desamasando d'ir a Porcía, que ta chovendo a doiro. // ¿Pensabas ter vacacióis? Pos desamasa, qu'acabas d'empezar a trabayar.
Tamén esiste el espresión:
Desamasa, que cayéu el forno,
que s'usa esactamente col mesmo significao.
[NOTA: El sentido recto ou orixinal de desamasar é 'desfer unha masa', peró el sentido que sobrevive nel Occidente d'Asturias y que definimos máis arriba é, por suposto, un sentido figurao.
El espresión "desamasa, que cayéu el forno" ten unha esplicación popular: cuntan qu'a unhos panadeiros da zona esbarrumbóuseyes el forno condo taban a pique de meter el pan, y el home díxoye á muyer: "Desamasa, nena, que cayéu el forno". Dende entoncias a xente úsalo col sentido de desfer os preparativos d'algo que se taba a pique de fer, ou de deixar de ferse ilusióis de qu'algo vai suceder.]
ARDOR

s.m. Luminosidá del augua del mar causada polos movementos de certos pexes y d'outros organismos marinos.
Pescar al ardor:
Pescar pola noite aprovetando a fosforescencia del augua.
mércores, 24 de setembro de 2014
TREIXADA
s.f. Torniscada. Temporal de vento y augua.
[NOTA: Treixada é unha variante de treixuada, que sí vén recoyida nos vocabularios de Suárez Fdez.; Fdez. Vior; y Díaz López y García-Galano. El alternancia nel sufixo -ada/-uada é mui frecuente nel dominio galego-asturiano. Aparece en palabras como pasada / pasuada; cachada / cachuada ; trabada / trabuada y muitas outras. A forma treixada, usual en Tapia, ten tamén el sentido de 'mal ou enfermedá pasaxeira' que recoyen os lexicógrafos mencionaos.]
martes, 16 de setembro de 2014
RONCÓN
s.m.
1. Instrumento feito con un corno de mar usao nos barcos pr'avisar ás outras embarcacióis en días de cerzo. Tamén s'usaba nas cinzarradas que se yes daban aos viudos.
2. Parte da gaita que ye dá el sou sonido grave característico.
3. Sonido grave que fai el mar al entrar y salir nunha cova.
Ex.: Nesa cova fai muito roncón porque ten unha greta mui grande.

DEVANADEIRA
s.f. Aparato formao por dous palos en forma de cruz que sirve pra formar as madeixas. SIN.: sareyo.
[Díaz López y García-Galano (1996) recoyen a variante devanadoira].
MAO
A palabra 'mao' aparece nel espresión
¡Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo!
Esta espresión úsase cóndo el que fala se sorprende de que alguén, sin mérito ou capacidá, seña el encargao dun labor pral que se considera que nun ta facultao.
Exemplos:
- Ese foi el que ganóu as elecióis? ¡Ay, Virgen! ¡Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo! // - ¿Vas tu enseñarye ás túas irmás a ferlo? ¡Peró si tu nun fuche nunca quén a ferlo como é debido! Mira tu nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo...
[NOTA: Como é usual na zona, as espresióis de tipo relixioso, sobre todo se noman a Dios, a Virxen ou os santos, tan en casteyano, anque el resto del dito teña en galego-asturiano.
A esta espresión, mui usada alomenos en Tapia, hay quen ye dá unha orixe basada nunha anécdota que ye sucedéu a un paisano que, tando na misa, se sorprendéu de qu'el cura fose un vecín sou y esclamóu: "¿Nas maos de quén ta el corpo de Nuestro Señor Jesucristo? Nas maos de Juan Ferreiro"].
martes, 1 de xullo de 2014
NIADA
El sustantivo niada ('camada de crías') úsase nel refrán
En toda niada hai un pito coxo
referida a unha persona que destaca dentro da súa familia ou del sou grupo polos seus defectos, el sou mal carácter ou os sous costumbres pouco recomendables.
[Asómeñase ás espresióis casteyanas 'ser el garbanzo negro' ou 'la oveja negra de la familia'].

SAÍN
A espresión
pingar saín
ten sentido figurao y s'utiliza pra referirse ás personas que tan chorando ou queixándose continuamente.
Ex.: A nía, ben tas sempre pingando saín...! A ver cóndo nos veis cuntando algo más alegre pa variar... // Corre, corre, que nun nos piye Fulana, que ta todo el día pingando saín y hoi nun teño gana d'aturarye os choros.

DURMIR
El espresión
¡Durmas tu el sono de San Juan!
é unha maldición que s'utiliza condo a persona que fala estráñase de qu'alguén leve durmindo muito tempo. Ten unha variante máis larga que diz:
¡Durmas tu el sono de San Juan, que son venticuatro horas!
[NOTA: É usual qu'os nomes dos Santos s'utilicen en castellano. Eso sucede nesta espresión como noutras muitas. Por outra parte, a orixe desta especie de maldición ten que ver con unha crencia popular según a cual Dios, pra evitar as tronadas que son frecuentes na noite de San Xuan, durme al santo antes de que chegue ese momento durante muito horas pra que nun esperte hasta que s'acabou a festa. A tradición pinta al santo como amigo de festas y baruyo, y as tronadas serían el sou xeito d'armar xareu. El ditame recoyido en Tapia atribúyeye a San Juan un sono dun día enteiro; noutros lugares da Península el sono dura hasta tres días completos, como amostra, por exemplo, esta cántiga andaluza:
Mi niño se va a dormir.
¡Ojalá fuera verdad
y le durara el sueñito
tres días como a San Juan! ].
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)