v. intr. Convencerse de qu'algo [con que se cuntaba ou pra lo que xa se taba preparao] nun vai poder ser.
Ex.:
Vai desamasando d'ir a Porcía, que ta chovendo a doiro. // ¿Pensabas ter vacacióis? Pos desamasa, qu'acabas d'empezar a trabayar.
Tamén esiste el espresión:
Desamasa, que cayéu el forno,
que s'usa esactamente col mesmo significao.
[NOTA: El sentido recto ou orixinal de desamasar é 'desfer unha masa', peró el sentido que sobrevive nel Occidente d'Asturias y que definimos máis arriba é, por suposto, un sentido figurao.
El espresión "desamasa, que cayéu el forno" ten unha esplicación popular: cuntan qu'a unhos panadeiros da zona esbarrumbóuseyes el forno condo taban a pique de meter el pan, y el home díxoye á muyer: "Desamasa, nena, que cayéu el forno". Dende entoncias a xente úsalo col sentido de desfer os preparativos d'algo que se taba a pique de fer, ou de deixar de ferse ilusióis de qu'algo vai suceder.]