Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.
Amosando publicacións coa etiqueta anadizo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anadizo. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de maio de 2023

ANADIZO

 

  El adxetivo 'anadizo' ta recoyido nel Vocabulario de Mántaras de Xosé Miguel Suárez con estas definicióis:

1. Estropiao, toyido [un alimento, úa comida]. El caldo, desque pasa un día, ponse anadizo. El que ta anadizo, xa nun vale. Cheira a anadizo. 2. Con olor a humedanza, magorento.


Na Pequena contribución al léxico del galego-asturiano (Lletres Asturianes, nº 84, 2003) tamén eu recoyín esa palabra, peró interpretándola como un sustantivo col significado de 'mofo, magor, humedanza' y escribíndola sin el a- inicial, porque os meus informantes sempre la usaban nel mesmo contesto, "cheira anadizo", que fía pensar qu'el fonema [a] correspondía á preposición. Por eso eu escribín: "Cheira a nadizo". A entrada "nadizo" como sustantivo equivalente a "mofo" aparece tamén nel Dicionario do Galego de Asturias (DGA), de Carlos Xesús Varela Aenlle (Universidá de Vigo).

Peró debo dicir qu'hoi tou na fe de qu'a interpretación y escritura axeitadas son as de Suárez (1996), pos a palabra ten namáis uso adxetival, y qu'a mía lectura foi un equivoco por fonética sintáctica. Como proba tán os exemplos de Suárez en contestos diferentes sin preposición: "Ponse anadizo". Peró a proba máis evidente pra min son os datos etimolóxicos: El noso "anadizo" vén del latín "agnatitius", un adxetivo formado sobre el participio "agnatus", del verbo agnascor ou adgnascor, que significa 'nacer' (sobre todo, nacer despós de lo normal, como os fiyos que nacen despós de qu'el padre fixera xa el testamento) y qu'en Plinio aparece utilizado pra referirse a lo que nace encima doutra cousa, como un árbol ou vexetal, querse dicir, lo que se cría, como precisamente el mofo.

En realidá, as dúas acepcióis de Suárez son prácticamente lo mesmo: lo que ta toyido é porque crióu algún microorganismo que lo estragóu.


                                             Laranxa anadiza


NOTA: Despós de publicar esta rectificación, el profesor Carlos Varela Aenlle fíxome saber del uso sustantivo da palabra, da que tamén él recoyéu datos na zona d'Obanza (VER comentario embaxo). Esisten, pol tanto, as dúas palabras: el sustantivo nadizo, col significao de 'mofo', 'humedanza' (como eu publicara inicialmente en 2003 servíndome dos datos recoyidos na vila de Tapia) y el adxetivo "anadizo", que recoyéu Xosé Miguel Suárez en Mántaras y que tamén recoyéu Varela nel conceyo de Castropol, lo que proba el estensión relativa del término.