Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación rigurosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.
Amosando publicacións coa etiqueta can. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta can. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de agosto de 2017

OS CAIS DE FRANCIA








        Esiste unha espresión mui chocante que sentín muitas veces pola nosa terra:

                     A [ese/esa] conócenlo[/a] hasta os cais de Francia,

querendo dicir, evidentemente, qu'esa persona é mui conocida. Peró hai ter en conta qu'el espresión ten un matiz despectivo. Ouguinla muitas veces, con connotacióis claramente machistas, referida a unha muyer pra dar a entender que tuvo muitas relacióis con homes diferentes.




               



             

   

martes, 3 de xuño de 2014

CAN




El sustantivo can entra en muitas espresióis feitas, entre elas,

                       ser un can sentao,

que s'aplica ás personas de pouca estatura, sobre todo, ás de perna curtia. Ex.: ¡Que vai ser bon mozo, si é un can sentao...!   Tamén s'utiliza muito a espresión

                     cara de can,

que significa 'cara d'enfado, de mal humor'. Ex.: Devolvéume a pelota, pero púxome unha cara de can...