Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

sábado, 17 de marzo de 2018

LEVAR


               

          

Esiste unha espresión en galego-asturiano que, dende el sou sentido orixinal, foi ampliando os usos hasta utilizarse en contextos abondo diferentes. Tamos referíndonos al espresión

          Nada lo leva, nada lo trai.

Nun principio utilizábase pra falar da dificultá d'equilibrar a pesa ou balanza (tanto a romana como a de pratos), porque un pouco máis de peso nun lao ou noutro fía mover el fiel del sou sitio. Dende este sentido orixinal, el espresión empezouse a utilizar tamén en cualquer situación unde costa caro acertar col punto esacto ou unde é difícil ser precisos.

Por ex.:

- Has a deixar cocendo eso un pouco maís, que parece que ta inda crudo.
- Si lo deixo, vai tar durísimo, que xa me pasóu máis veces con esta masa: nada la leva y nada la trai.


Tamén s'utiliza nun sentido figurao, pra referirse a unha persona voluble, que cambia d'opinión con frecuencia ou que s'enfada con facilidá.

  - ¿Pos tas enfadao con Paco? Si tábades ben amigos hai un pedacín...
  - Boh... Nada lo leva, nada lo trai. Picóuse porque ye dixen qu'era unhos petardos os del Sporting...









     






CALDEIRO

                    Resultado de imagen de caldero con asa Asturias


A palabra caldeiro aparece nel espresión:

 (por) unde vai el asa, que vaya el caldeiro,

que quer dicir qu'unha vez que xa se perdéu algo, nun importa perdelo todo dafeito. A connotación máis clara é de resignación y s'utiliza al hora de tomar unha decisión que pode parece arriesgada ou pouco sensata, porque xa foi precedida d'outra acción que supuxo pérdida pra'l que la tomóu.

Ex.:

- ¿Vasme comprar tamén os zapatos y el bolso? ¡Peró si xa me comprache el vestido y a chaqueta y foron carísimos!

- Anda, nía, anda; por unde vai el asa, que vaya el caldeiro...


Asoméñase al espresión casteyana "De perdidos al río".