A nosa palabra tradicional pra referirse á enfermedá é mal. Ex.: Nun sei qué mal ten. que os médicos nun ye poden fer nada. Este significado ta recoyido, entre outros, nel Vocabulario da Veiga de Fernández Vior (1998) y tamén esiste en casteyano, unde xa nun s'utiliza muito na fala habitual (sí na lingua culta ou literaria), mentres qu'en galego-asturiano sigue sendo unha palabra usual nas conversacióis diarias. Peró nun la traigo hoi á Salvadeira por ela mesma, senón porque forma parte dun ditame que nun queremos que s'esqueiza:
El mal apanda cabalos.
Quer dicir que cualquera, hasta el máis forte y el que ten máis enerxía, condo ta malo de gravedá, achícase, nun ten agayo pra nada y nun ye queda máis romedio qu'asosegar y tar parao, sin trabayar nin fer miga.