Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

xoves, 12 de xaneiro de 2023

COTA

  




s. f. Borde salinte y arredondiado que remata as olas tradicionales.


A palabra cota forma parte da espresión:

(tar) chen/chía como a cota da ola

que significa 'tar totalmente chen/chía [unha persona ou cousa]'. Aplicado a cousas, é equivalente a "tar atacado/-a", chen hasta os límites, querse dicir, hasta salirse del recipiente [un sólido] ou hasta reverquer [un líquido]. Aplicado á personas pode significar 'tar farto/-a de cumer' (neste sentido equival ás espresióis chen/chía como un babuyo ou como un mazcato), anque tamén pode equivaler a farto nel acepción de 'cansado de fer algo ou aturar unha situación'. Por último, pode aplicarse a locales abarrotados. Ex.: 

- Pos nun fuche al auditorio?

- Buf, nun s'entraba. Ta chen como a cota da ola.

[OBSERVACIÓN: A palabra cota ten outras acepcióis que xa tán recoyidas nos vocabularios publicados. Suárez Fdez. (1996) recoye estas: "1. Parte dun instrumento cortante oposta al corte. 2. Instrumento cortante mui veyo y gastao. 3. Parte traseira del garrucho, da eixada. 4. Peza alargada de madera unde van os dentes del engazo, da garabata."]