Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

domingo, 4 de decembro de 2016
FANA
s.f. Desprendemento de terra. Var.: fanada. Sin.: barrancada.
[Gracias a Alberto Castro Gion, que nos mandóu esta palabra. Según os sous datos úsase en muitos lugares del Navia-Eo: Navia, Villayón, Bual, Eilao, Grandas, Ibias... É equivalente al asturiano argayu y á forma barrancada, usada en muitos lugares, entre outros, en Tapia.].
MIXIRICO, -A
adj: úsase pra describir un neno mui dalgao, qu'é pouca cousa y qu'aveza a poñerse malo. (U. t. c. s).
Ex:: -Púxose malo Xuan.
- ¿Outra vez? Este neno ta feito un mixirico.
[Palabra y exemplo enviados por Alberto Castro Gion, que la rexistra en Navia. Tamén la recoyín eu en Tapia xunto al sinónimo mixiriqueiro que, ademáis del acepción de máis arriba, tamén s'utiliza col sentido de 'que se queixa por todo, choramiqueiro'). Alberto Castro tamén recoyéu otros sinónimos de mixirico en distintos puntos del Navia - Eo:
milixo, en Tormaleo (Ibias)
pezquerido y pesquerido, en Eilao. ]
mércores, 2 de novembro de 2016
PRIMIDEIRAS
s.f.pl. Pedales del telar que suben y baxan os lizos.
[Palabra recoyida y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].
TAOLLA
s.f. Paso erguido nel aire que dá entrada a os horros.
[Palabra recoyida en Teixeira (Grandas) y enviada á Salvadeira por Iván de Cazarón].
mércores, 21 de setembro de 2016
D'A PERRÓN
A espresión
cousas d'a perrón
ta referida a ditos ou feitos propios dun cimprón ou persona sinsustancia. É equivalente a 'fatadas' ou 'cimpradas'. Utilízase normalmente acompañada del verbo ter.
Ex.: -Mira que perguntarye eso á profesora...
-¿Y qué ye ques? Sempre ten cousas d'a perrón.

COCHO DE MAL ANO
A espresión
ser un cocho de mal ano
aplícase a personas que tan mui dalgadas, anque comen abondo; querse dicir, a personas que nun engordan con facilidá.
Ex.: -Esta túa neta nun engordóu nada nel verao.
- Pos cómeche lamar; pero nun lo luce: é un cochín de mal ano.
MORCEGO
A espresión
ser un morcego,
aplicada a personas, significa: ter mui pouca vista, ser cegarato.
martes, 5 de xullo de 2016
xoves, 2 de xuño de 2016
LEVAR
El verbo levar aparez, alomenos, en dúas frases feitas que nun tán recoyidas nos vocabularios publicaos:
1. levar amistá: ser amigos dende tempo atrás. Ex.: Condo vivíamos alí, éramos vecíos y levábamos muita amistá con toda a familia; hasta dous fiyos dos veyos foron de padríos dos nenos da mía cuñada.
2. levar a cesta: levar unha pareya de mozos a unha persona d'acompañante (normalmente, unha irmá pequena da moza) pra evitar que teñan solos sin naide que los teña velando. Expresión afín.: ir de carabina.
[Foto tomada del blog losmundosdejaimito.blogspot.com]
martes, 3 de maio de 2016
METERSE EN AUGUA
El espresión
meterse en augua
utilízase condo se prevé que vai chover sin parar el resto del día; condo, inesperadamente, a cara del día cambía a pior y pinta que nun vai volver escampar.
Ex: Cua mañá tan guapa que tuvo..., ¡mira cómo se meteu a tarde en augua! // Xa che dixen que recoyeras a roupa, que se taban poñendo unhas caras feísimas y que s'iba meter en augua.
PASMAR
v.intr. Aveyentarse [unha tela] de xeito que s'esgaza al tocala. [Úsase sobre todo el participio con valor adxetivo: pasma(d)o, -a].
Exs.: Teis qu'usar máis el mantel de filo, que lo teis guardado todo el tempo y váiseche pasmar. // As cortinas da cocía tán pasmadas y rompen todas; vou ter que fer outras pral día del Carmen.
mércores, 6 de abril de 2016
martes, 1 de marzo de 2016
SERENO, -A
adx. Nel sou punto esacto de cocción [unha comida]. Ex.: "A min as patacas gústame que queden serenas, nin duras nin desfeitas".
[Ivan de Cazarón propón, con muita razón, qu'usemos el adxetivo sereno, -a, nel canto da espresión italiana al dente, pra referirnos al punto de cocción axeitado pr'á pasta, el arroz ou as verduras. Muitas gracias a Iván por apurrirme esta palabra y, sobre todo, á informante: Benigna González Álvarez ("Benigna de Petrona), da casa de Petrona en Eilao.]
VASADORAO
s.m.Cantidá grande de patacas ou de comida [feita con patacas].
Ex.: "Condo era nova cocinaba muito: fía un vasadorao de patacas con bacalao y subíalo al monte pr'á xente que taba trabayando allí, cavando pra llabrar el trigo".
[Informante: Benigna González Álvarez, "Benigna de Petrona" (Eilao). Gracias a Iván de Cazarón, que foi el intermediario que "pescóu" a palabra y ma apurríu].
martes, 2 de febreiro de 2016
TARECO
s.m. Recipiente pequeno y de pouca valía. Sin: Caxirolo, tancarolo.
<NOTA: En plural, tarecos, xa ta recoyida nos vocabularios de Mántaras y A Roda. Suárez Fernández defínelo asina: "Ferramentas [pequenas], trastes [precisos pra fer un labor]. El cerruyeiro pasaba de porta en porta cos sous tarecos".
Gracias a Marián, d'Andés, y a Xosé Miguel Suárez, de Mántaras, por apurrirme este uso da palabra en singular.>
TANGUER
v.intr. Tar colgando [unha cousa] al tempo que se move un pouquín d'un lao pra outro.
Ex.: Iba pañar amoras d'arto en arto cúa bolsía tanguendo na mao.
[NOTA: A palabra tanguer úsase con este sentido en Andés (Navia). A definición y el exemplo (un pouco retocao porque era mui largo) son de Marián. Muitas gracias pola aportación].
luns, 4 de xaneiro de 2016
MAZAGUATAS
s. m. y f. Persona compangúa qu'anda adulando a todos y dándoyes golpecíos nos hombros pra quedar ben con quenquera. AF.: lambecules.
RETAFILA
s.f. Riña ou reprimenda larga, "sermón".
Ex.: Nun te volvo chamar por teléfono, que nun fais más que riñirme. Sempre me tas soltando unhas retafilas que me dan ganas de colgar. // Botóuye el padre unha retafila, que nun ye van quedar ganas de volver chegar tan tarde.
[NOTA: Nel Vocabulario d'A Veiga, de Fernández Vior, aparece recoyida esta palabra con esta definición: "Retahíla, serie de cosas que se mencionan o suceden en orden", y el exemplo: ¡Botóu unha retafila de cagamèntos! É unha acepción mui relacionada coa nosa, peró máis xeneral. Pareceunos ben amecer ese significao porque ten un matiz un pouco diferente, anque nun deixa de ser unha serie de reproches, un montón de palabras duras ditas unhas despós das outas, como "en fileira". Tamén recoyen a palabra Jacinto Díaz López y Manuel García 'Galano' nel sou Vocabulario d'A Roda, peró nun la definen, senón que se limitan a dar el equivalente casteyano "retahíla"].
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)