
Ser un cheirametodo é ser un reparón, un repunante, unha persona que a todo ye pon perós. 2.Tamén s'utiliza para referirse a unha persona estirada, que se ten por superior aos demáis; unha persona fachendosa qu'evita á xente ou as situacióis que considera non axeitadas para ela, por inferiores ou ruías, y que lo fai ver con xestos ou palabras.
As dúas acepcióis aplícanse tanto a homes como a muyeres. Ex.:
Esa é unha cheirametodo; nun quer que la vexan con nosoutras porque ye dá vergonza.
Tamén esiste a variante todomecheira, igualmente aplicada a homes y muyeres: un todomecheira / unha todomecheira. Esta variante é máis usada modernamente, mentres qu'el outra xa nun s'escuita tanto y é importante "salvala".