Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.

Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.

El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:

- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".

Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.

Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

luns, 16 de decembro de 2013

RODIYO




s.m. Trapo utilizao na cocía pra secar ou limpar. SIN.: corra.



4 comentarios:

  1. Como ben se sabe, a palabra vén del trapo enrolao que se poñía nel pico da cabeza pra levar cargas y d'ei apricóuse a cualquer trapo que s'use pra limpar ou secar. É el mesmo caso que "corra", que ten esas dúas acepcióis.
    Na Veiga, al trapo da cocía chámanye "molida", peró neste caso tamén é el que se poñía na testa a os bois ou as vacas pra que nun yes mancara el xugo. En Castripol chámanye "molexa".
    ¿Será "rodiyo" un empréstamo de pouco? Son normales y autóctonos tanto en asturiano como na zona del galego-asturiano qu'estrema "ll" de "y" os resultaos "-iellu" ou "-ello" / "-iyu" ou "-iyo". El caso é qu'ás veces costa caro saber se as formas en "-iyo" nun serán emprestamos del casteyano, porque tamén s'entremezcran fenómenos como el yeísmo moderno ou como a ultracorrección (mía bola dicía "capiya", peró mía madre diz "capilla"). Alomenos en Mántaras pode dicirse que lo autóctono é "corra". Tapia, nun lo hai qu'esqueicer, é vila y porto de mar, y más aberta en principio a innovacióis lingüísticas.
    Habería que saber cómo ye chaman al trapo da cocía pola Montaña y máis enriba.

    Mantarego

    ResponderEliminar
  2. Sempre me parecéu un empréstamo del castellano; tou convencida que lo é, peró me parecéu conveniente amecelo á "Salvadeira" porque nun deixa de ser unha palabra característica da zona y desconocida en muitas outras ben próximas. Por suposto que a palabra autóctona é "corra". "Rodilla" é castellano, y "rodillo" ou "rodiyo" pinta ser un típico caso de cambio de xénero para indicar tamaño pequeno, como en "ventano" ou "capiyo".
    Nel diccionario da RAE vén a palabra "rodilla", anque xa cuase naide la use. En "Sotileza", de Pereda, úsase esa palabra "rodilla" con ese mesmo sentido de trapo basto usado na cocía. De todas formas, creo qu'a forma "rodiyo" en masculino é bastante común nel norte d'España. Tu que conoces os datos del asturiano, saberás máis d'eso qu'eu. Eu oínya a Arguiñano naquel programa de tanto éxito que tía a mediodía.

    ResponderEliminar
  3. Si, en asturiano é el término que s'usa habitualmente. anque ta mui estendido el castellanismo híbrido de "rodillu", as formas recoyidas nos vocabularios dialectales son "rodiellu" y "rodiella" (ademáis das correspondentes variacióis dialectales del tipo "rodiel.lu", "rodiil.lu"...) y "rodíu" (que vén de "rodiyu"). Mira, precisamente buscando os datos asturianos, atopo "rudíu" nun sito mui achegao á nosa zona, en Tox (Vil.lapedre), el qu'amostra qu'el resultao nun é tan raro que se día en galego-asturiano (nun sei se axeitao fonéticamente por analoxía, emprestao d'hai muito tempo ou autóctono).

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Parécenme mui interesantes os tous datos. Sempre me deu muito que pensar esta palabra.

      Eliminar