Este blog pretende contribuír a salvar palabras de noso que teñan a punto de morrer porque a xente nova nun las conoce ou cuase nun las usa.
Agradecemos a colaboración de todos. Podedes aportar palabras novas, comentar as esistentes ou feryes correccióis. Tamén podedes amecer datos interesantes sobre as palabras que recoyamos: exemplos d'uso, acepcióis diferentes, comentarios sobre a construcción gramatical ou cualquera outra cousa que vos pareza relevante.
El blog recoye namáis palabras que nun teñan xa incluidas nestas publicacióis:
- Suárez Fdez., X. M. (1996): Vocabulario de Mántaras (Tapia).
- Díaz López, J. & M. García Galano (1996): Vocabulario d'A Roda.
- Fernández Vior, J. A. (1998): Vocabulario da Veiga.
- Álvarez Lebredo, M. C. (2003): "Pequena contribución léxica al galego asturiano".
Ás publicacióis anteriores amecemos dende el ano 2022, el Diccionario do Galego de Asturias, de Carlos Varela Aenlle, publicado pola Universidá de Vigo, unha obra ben completa que contén léxico de cuase todos os vocabularios que se foron editando na nosa zona d'Entrambasauguas, ademáis de datos recoyidos pol autor nunha investigación mui rigorosa y exhaustiva. Esta incorporación supón qu'a partir d'agora nun aparecerán na Salvadeira palabras ou espresióis contidas en Varela (2021), peró nun eliminamos as entradas que se foron publicando en anos anteriores á aparición desa obra.
Nel índiz alfabético d'etiquetas podedes topar fácilmente todo el material que vamos publicando. Amáis de palabras, recoyemos ditames y espresióis. Podedes enviar as vosas contribucióis por medio dos comentarios.

sábado, 3 de outubro de 2015
REINAR
v. intr. Sentir inclinación irresistible a algo. Nun poder dominar un vicio ou inclinación. SIN.: manar.
Ex.: -É que nun lo pode evitar. Réinaye el roubar.
[NOTA: Desque tía publicada xa esta entrada, un informante mantarego fíxome ver que xa taba recoyida nel vocabulario d'A Veiga de Fdez. Vior, cousa que puiden comprobar eu inmediatamente despós. Decidín nun borrala d'A Salvadeira, contra os meus propios criterios de selección, porque é unha forma xa bastante perdida que merece que se ye día un pouco de visibilidá pa que nun s'esqueiza totalmente y porque dende aquí podemos falar sobre ela y averiguar máis cousas sobre a súa estensión, uso y posible orixe.]
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
El vocabulario d'A Veiga rexistra esta palabra con ese significao y con este exemplo: "Sempre ye reinóu lo dos coches". Xa sei que teis como norma publicar namáis palabras inéditas, pro nestos casos de palabras con poucos datos xeográficos podes saltala, porque tamén e interesante ampliar a información. É chamadeiro, porque a palabra, con esa acepción, ta recoyida en galego namáis nun punto, y ben cerquía, en Cedofeita (Ribadeo).
ResponderEliminarEu conózola de mía bola de Rozadas (Bual), qu'usaba el verbo muitas veces cua preposición "de": "Vei sacar daquén un oyo con esa antena: tame reinando d'ir alló y quitalla". "Xa me reina d'ir por allí y dicirye cuatro cousas". Tamén teño exemplos sin "de": "Tame reinando ir darye úa moucuada".
¿Núa palabra con pinta tan latina haberá que pensar núa estensión semántica da idea de 'dominar, mandar' hasta el significao de 'tar dominao por un deseo'?
Mantarego
Asina é como lo interpreto eu: como un cambio semántico por estensión, nese sentido de "dominar". Paréceme ben interesante ese outro uso cua preposición "de" que ye sentiche a túa bola. Ei ten un sentido un pouco distinto al del meu exemplo porque, como tu dices, é tar dominado por un deseo. Asoméñase algo á idea de 'apetecer muitísimo unha cousa', 'tar devecendo por fer algo', mentres que nel que recoyín eu ten que ver máis con unha tendencia natural irresistible, algo connatural y permanente. Nel tou exemplo, pol contrario, é algo temporal, pasaxeiro.
ResponderEliminarEn Galicia, eu sentinyo usar a xente da comarca de Ferrol.
Muitísimas gracias pola túa aportación.
Si, xa reparara nesas diferencias de matiz y por eso che dicía lo de mater a entrada.
ResponderEliminarTamén ta muito ben ese dato que dás de Ferrol, porque comprobo qu'a mía elucubración sobre a posible orientalidá da palabra en Galicia taba equivocada. É el problema del esfouto que nos dan os datos bibliográficos, que por mui completos que sían (como os del Dicionario de dicionarios) sempre tein lagúas.
Gracias a ti por abrir este furadín pra os "tolos" que nos esmolemos por estas cousas. ;-)
Saludos
Mantarego